Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Noticias de pasado mañán

Andrade, Fernando - lunes, 09 de septiembre de 2002
Noticias de pasado man 1. DA ESENCIA DOS CARTOS
(8 de Outubro de 2002)

(Nunha axencia bancaria de Madrid hai colgado o sorprendente grabado de María Gómez que trato de interpretar)

O diñeiro –ou “pedra da semellanza”- está resultando ter certo parecido coa electricidade.

Para pescudar na súa siñificación adianto xa eiquí un concepto provisional de poder que abrangue todo o intercambiable, dende as contas de vidro e os “tronos” dos reises ata a saude da i-alma.

Eisí coma a electricidade non é en rigor enerxía sino vehículo de enerxía, os cartos non semellan poder sinón trasmisores de poder -por iso o poder viaxa tanto-.

Do mesmo xeito que a electricidade se trasmite ó traveso de conductores físicos, o diñeiro trasmítese ó traveso da credibilidade; é decir, da ética.

Tamén, da mesma forma que os condutores físicos teñen unha estructura que fai posible iste transporte -especie de cás istos ós que se lle pisa a cola eiquí e ladran en New York*-, ista credibilidad básica está reforzada polo carácter versatilmente limitado i escaso dos seus condutores (moedas, ouro, billetes, letras, etc., fabas contadas todas que velan ávidamente pola autenticidade do troque)

A definición dos cartos non semella pois posible fora destes supostos, nin siquera si caéramos na tentación de dicir que son todo aquelo ó que equivalen ou, máis inxenuamente, de confundilos co seu condutor.

Coma a electricidade,o diñeiro pode tamén manexarse bastante ben sin saber o que é.
Nembargante, sabéndoo saberemos tamén de certo unha cousa bastante curiosa: frecuentemente o conocimento economicista é relativamente incerto é trivial mentres que o do poder, máis sinxelo, pode aportar certidumes económicas tan seguras o menos coma as dos accidentes de estrada. Dende un punto de vista predictivo, pode pois que o conocimento económico non esté na economía. Incruso pode que en rigor non haxa economistas –o certo e que os analistas “non botan coche”-.

Frente a incertidume aitual dos análisis bursátiles, poño por caso, non semella arriscado prevér, xa fora deles, o inmediato futuro. Si a bolsa se está desequilibrando coa inesperada aparición dunha serie de pioneros da defraudación masiva, tan certera coma a predicción de accidentes pode ser efectivamente a espectativa doutros moitos fillos de puta e das súas conseguintes desfeitas. Pero é que, ademáis, istas cousas atentan xa contra a esencia mesma dos cartos, contra a credibilidade. O proceso non será pois xa meramente crítico senón ausolutamente destrutivo. A subasta que en definitiva a bolsa ven a ser empezará xa a puxar por baixo dos valores verdadeiros; e dicir, a crise alcanzará xa a economía real.
A ti e a min. Despois xa non sei. Será coma a guerra.
* Cita de pai descoñecido


2. ESQUIZOFRENIAS
A masacre das Torres parizas non soio vai partir en dous á opinión e ás naciós sinón a cada un de nós. O doble imperativo de defendernos e de non crear máis sufrimento vai esnaquizar calquera iniciativa, calquera opinión. I elo a calquer nivel. Unha descoñecida e inevitable esquizofrenia vaise apoderar do mundo.

I elo porque:
Igual que en matemáticas i en física o infindo leva ó absurdo, o infindo que cada nai e cada neno morto supoñen farían estúpida calquer contabilidade de represalias.

Os intereses dos mandatarios non coinciden nunca cos das nais -que son os da vida-. Iles abandonarán derradeiramente a loita ós inocentes USA e ós inocentes afganos, o que, sarcásticamente, levará a ambolas dous a pertencer por fin a unha mesma cultura de mortos.

Dada a xa irresoluble estulticia, teimosía e capacidade destrutiva do individuo aitual, non é disparatado sospeitar que o peor inda está por vir.

Pero, anque distinto, algo haberá que facer.

Probablemente sexa a ética -e decir, o convenente visceralizado- o único campo de batalla onde inda haxa algo que gañar.

Probablemente tamén, non sei, habería que estimular por exemplo os estudos de teoloxía islámica, pois é imposible que non conteña soluciós para esto -é imposible co crime veña de Dios-.

Incruso ó gran diñeiro -sempre tan tímido íl- podería convirlle un novo trueque con produtos tan codiciables coma a Xusticia e a Paz

Lonxe da terquedade babélica ista da velocidade e o crecemento -lonxe dun amontonamento que sempre remata mal-, ten que haber algunha empresa ilusionante para todos e cada un de nós -nista patria que é o home ten que haber novas fronteiras espaciais, temporais, biolóxicas e espritoais creibles e descomunais-.

Pero isto, os mandatarios, que son somentes tropa no formigueiro humán, nono saben facer.

Algo máis que humillación hai nista traxedia; hai tamén a evidencia da grandeza humán e o apremiante aviso dunha derradeira oportunidade.

(Versión algo correxida de comento feito o 19 de Setembro de 2001).
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES