Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os enfoques EMIC/ETIC e o terrorismo

miércoles, 20 de octubre de 2010
O camiño a elexir, o método a aplicar, en calquera estudo sociolóxico é sempre básico, e tratándose do terrorismo, eu diría que indispensábel, porque o é acometer a comprensión dun fenómeno socio-cultural non só dende fora, senón tamén, e principalmente, dende dentro do memso.
Foi K. L. PIKE quen introduce dous termos, EMIC e ETIC, para designar os dous enfoques contrapostos a ter en conta nese estudo. Son termos, como dí Aurora González Echevarría, non técnicos, senón prácticos, para andar pola casa. Tamén MARVIN HARRIS os utiliza na súa obra “El desarrollo de la teoría antropológica”, ainda que cunha interpretación sensiblemente diferente de PIKE. Pero digamos xa, sen máis preámbulos, que se entende, en xeral, por unha descrición ETIC e por unha EMIC.
Enfocamos en perspectiva ETIC un fenómeno socio-cultural cando, dende a nosa formación, intentamos entendelo ao abeiro dos nosos instrumentos intelectuais, cos nosos termos e a nosa bagaxe cultural; e enfocámolo en perspectiva EMIC cando intentamos coñecelo dende dentro, cos instrumentos conceptuais que ten quen o vive, sendo autor, axente e actor no seo del.
Pois ben; ¿non lles parece a vostedes que o fenómeno do terrorismo non está correctamente estudado, extrapolando estas categorías metodolóxicas, nas sociedades actuais, porque se fai máis en perspectiva ETIC que EMIC?. Evidentemente, cando as armas amosan os fociños polo medio neutralizan a cachaza necesaria para estos mesteres e calan as leis: SILENT LEGES INTER ARMAS, dician os clásicos. Por iso as institucións gobernativas póñense nerviosas e adoitan caer en erros e falsas apreciacións, por falta dunha exhaustiva aplicación da perspectiva EMIC, que permite adquirir un coñecemento das verdadeiras razóns que empurran ós terroristas, dentro dun marco xurídico que eles adoitan utilizar como medio para acadar o seus complexos e pouco definidos fins, negando os demais a lexitimación do mesmo.
Polo tanto, intentar entendelos en perspectiva ETIC é unha desventurada pretensión, e así se puxo de manifesto en todos os intentos de acadar un acordo con eles. Non se pode esquecer que o terrorista ten necesidade de selo profesionalmente, e desta maneira, unha vez que se chega a un acordo na problemática actual, seguirán artellándose, con lembranzas do pasado, reivindicacións históricas, enmarcadas, sen dúbida, dentro dos seus enfoques EMIC.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES