Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maior control nas estradas

viernes, 22 de octubre de 2010
Moi axiña entrarán en funcionamento os novos radares que Tráfico está instalando nas estradas para controlar a velocidade media dos vehículos ó seu paso por un tramo determinado.

Coñecendo a situación dos radares, que ademais hai letreiros que avisan da súa existencia, a picaresca dos conductores impón que se respecten escrupulosamente os límties de velocidade nos lugares sinalados, de xeito que o artiluxio non detecte ningunha infracción. Pero inmediatamente despois de rebasado o radar, o conductor volve á velocidade de cruceiro, bastante maior que a autorizada en cada vía.

Os novos radares van evitar esta picaresca porque non se trata de facer unha medición deerminada senón que -a ciencia segue adiantando unha barbaridade- cada coche que accede á vía é controlado á entrada e de novo á saída, de xeito que o que se vai medir é a velocidade media que non vai poder superarse só pena da correspondente sanción.

Non pode negarse o dereito da administración de impoñer límites na circulación para evitar accidentes e racionalizar as conductas viarias, e a perfección no control non é máis que a aplicación ós conductores do dereito a ser tratados todos por igual, e cumprir fielmente a normativa vixente.

O control vai ser maior. Pero en lugar de ser un agravio para os conductores, é todo o contrario, unha total garantía de trato igualitario e da esixencia a todos de cumprimento escrupuloso das normas de circulación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES