Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dez euros

miércoles, 20 de octubre de 2010
Vai vir o Papa a Galicia e, de por si, é unha excelente noticia para promocionar o Xacobeo e o papel de Santiago de Compostela como terceira das cidades santas da Cristiandade. Todo o mundo católico saberá que na fin do mundo coñecido, en Galicia, se celebra cada certo tempo a festa grande do Apóstolo dos galegos.

A Xunta de Galicia ten disposta unha partida de tres millóns de euros para financiar esta viaxe nos aspectos que corresponden ós poderes civís, pero a Igrexa galega prevé tamén que os custos poden ser importantes para a institución relixiosa. E se o goberno autonómico ten a posibilidade de acudir ós presupostos xerais da Xunta para financiar acontecementos extraordinarios coma este, a Igrexa acude ós seus feligreses para pedirlles que contribúan a facer posible económicamente a estadía do Santo Pai en Galicia.

O curioso é o xeito de facer a petición, cando nas misas de moitas igrexas se solicitou un donativo de dez euros, voluntario de todos os xeitos, para que os custos da viaxe papal que correspondan á Igrexa Católica poidan ser cubertos.

Nada que obxectar a un e outro financiamento. O da Xunta é un investimento, que pode cargarse ós conceptos de gastos institucionais, publicidade, relacións públicas ou calquera outro, que a rendibilidade está garantida. Ó da Igrexa, tampouco, aínda que chame a atención a orixinalidade do sistema. A fin de contas, para os católicos a presencia do Papa en Galicia é unha excelente ocasión de reverdecer a fe de moita xente, de potenciar o papel de Compostela no noso entramado social, e de achegar Galicia ós cumios máis altos do goberno relixioso, que tampouco está tan lonxe de ter un elevado papel político.

En resume, que diante do resultado previsible, todos contentos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES