A Espiñeira
Fernández, Suso - lunes, 18 de octubre de 2010
O martes pasado, día do Pilar, foi festa na Espiñeira, barrio de Vilaronte, situado ó remate do curso do río Masma, antes da súa desembocadura que, coa do Centiño, forman a ría de Foz. O espacio xeográfico é compartido, na súa beira oriental con Barreiros. O lugar foi, en tempos pasados, importante núcleo de actividade industrial e comercial: aserradoiros, talleres, muiños, almacéns comerciais diversos, tendas, exportación de madeiras e asteleiros e cuxo esplendor pode situarse nos primeiros anos do século pasado; daí que o 8 de setembro de 1913 o concello de Foz remitise unha solicitude ó Ministro de Fomento interesando a construcción dun muelle para depósito de mercadurías, pedindo tamén que se anunciara a subasta da vía que comunicaría o porto coa estrada de Ribadeo a Viveiro. Das embarcacións construídas naquel paraxe quedou memoria a solemne botadura do barco Espiñeira-Mondoñedo. O acto foi todo un acontecemento social, do que participou unha multitude de persoas realzado por la presencia de bellísimas señoras y señoritas, elegantemente ataviadas. Parecía un jardín de frescas y lozanas flores, en medio de la umbría, perdidas entre riscos. A bordo foi servido un espléndido lunch, do que se encargou o focego Jesús Cageao, Papaíto, e alí correron o café e os licores; doces, pastas, chartreuse, xerez, coñac, champagne, refrescos, habanos, todo con gran prodigalidade, sin distinción de personas ni de clases, para rematar cun baile para a mocidade, amenizado pola comparsa e a banda. Era o día 10 de setembro de 1920. Hai xustamente 90 anos.
Foi éste, O Espiñeira, un fito na historia da construcción naval en Foz que quedou, como xa dixemos, na memoria popular. O noso dilecto amigo Suso do Siñeiro, no seu fermoso libro Caminos y Caminantes, dí: Ahora (na Espiñeira) quietud y silencio. Tal vez, recreando los versos del poeta del Masma, el silencio se oye / y él llama a la reflexión, el silencio se escuche y el lugar vuelva a ser fiel reclamo de aquella època dorada que finalizó en los años sesenta. Tal vez...

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora