Vivenda, problema sempre
X.X. - jueves, 29 de abril de 2004
Cando merquei piso, hai trinta anos, a un precio entón elevado e hoxe aparentemente irrisorio, pagar un interese do 11,5% parecíame axeitado e levei levamos, que o sufrimento entre dous parece máis leve a carga con paciencia, deixando que os anos foran minorando ese peso económico sobre a economía familiar.
Hoxe os intereses están na cuarta parte daqueles, as subvencións son xenerosas, e aínda así o problema segue vixente: comprar Vivenda segue a ser unha lousa pesada.
En Galicia, no último ano a vivenda nova subiu un 17,31% e a usada un 16,94, algo así como sete veces a subida do IPC. (¿Será que no IPC non entra a vivenda?).
E, segundo Instituto Galego de Estadística, un adquirente de vivenda ten que adicar o 40% do seu soldo para pagar intereses e amortizacións.
Trinta anos despois, ¿seguimos igual?. Varían os intereses, os soldos hai subvencións... pero parece ser que en igual medida, ou maior- tamén varían os precios da vivenda, que se evidencian imparables.
¿Será que todos os nosos gobernantes teñen xa vivenda propia, e por eso sinten como alleo este problema?. ¿Podemos confiar en que varíe radicalmente a situación?. Témome que dentro de trinta anos o problema sexa o mesmo.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora