Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Premios de Arquitectura Manuel Gómez Román

viernes, 15 de octubre de 2010
A falta dun ordenamento xurídico que protexese o noso patrimonio monumental, e a existencia duns dirixentes políticos incultos,as máis das veces corrompidos pola especulación urbanística, foi a causante da desaparición de imnumerables obras arquitectónicas que lle daban singular personalidade a moitas cidades e vilas galegas. O arquitecto Jaime Garrido Rodriguez é o autor dun estudo imprescindible para coñecer o alcance desa desfeita provocada polas corporacións locais viguesas: “Vigo, la ciudad que se perdió”.

Desapareceron edificios de gran valor aquitectónico que foron reemprazos por auténticas aberracións que afearon a paisaxe urbana sob pretexto de modernizar as cidades. Vigo, por poñermos un exemplo, sería hoxe unha cidade infinitamente máis artística e bonita se non foran derrubados edificios de estilosos feitíos construídos con pedra do país.
Naquela época de esplendor dicíase que Vigo era o resultado dunha porfía entre os propietarios, por ver quen erguía o edificio máis suntuoso. O máis representativo,sen dúbida, foi o coñecido polo nome de Rubira, do arquitecto Jenaro de la Fuente.
No rural a arquitectura tradicional e monumental non correu mellor sorte. O Castelo medieval de Navia de Suarna, por exemplo, foi “acondionado” para vivenda utilizando na reconstrución bloques de cemento e carpintería de aluminio anodizado. Reitorais, casas labregas e construcións adxectivas foron derrubadas ou reconstruídas tamén con elementos extraños aos da súa fábrica orixaria, alterando a estética da paisaxe rural. Os concellos foron os responsables desta desfeita, que proseguíu coa aprobación do Estatuto de Autonomía e as competencias asumidas en materia de vivenda polo Goberno galego. Unha nonnata lei de ordenación e protección do patrimonio rural que sería a primeira dese cariz que se ía promulgar en España, que abranguería tanto os aspectos arquitectónicos como paisaxísticos do ámbito rural galego, quedou en auga de borralla ao se subsumir noutra imprecisa e nada proteccionista deixando idefenso ante as agresións ao noso patrimonio.

O discurso da protección do hábitat rural galego vénse reiterando desde hai moito tempo. Máis recentemente coas propostas do Colexio oficial de Arquitecto de Galicia co seu proxecto “Terra”, ou o “plano 2000 de recuperación da arquitectura popular da Deputación da Coruña. O ano pasado sumouse a este clamor a Asociación Amigos do Castelo de Maceda,”Setestrelo” coa convocatoria dos Premios Manuel Gómez Román. O xurado, que os outorgou nesta primeira convocatoria recoñeceu méritos dabondo na arquitecta Ángeles Castro Dapena e no estudo dos profesionais “Salgado e Liñares”, autores de cadanseu proxecto de rehabilitación de edificacións e construcións adxectivas, en Ramil, n´Agolada e Traba, en Noia, respectivamente.

A medalla de prata “Manuel Gómez Román” concedeulla a Asociación “Setestrelo” ao escritor e ex profesor da Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña, don Manuel Caamaño Suárez, autor da obra “As construcións da arquitectura popular”, no que se compendia o patrimonio etnográfico de Galicia e no que o autor, coñecedor coma poucos do seu valor, expón as actuacións que as administracións públicas deberán levar a cabo para protexeren construcións tan singulares na paisaxe e cultura galega. A entrega dos premios e medalla de prata “Manuel Gómez Román” terán lugar no Castelo de Maceda o sábado próximo, día 16, ás 12:30 horas, que, como aconteceu o pasado ano,cando se presentou a Asociación e os seus premios, congregara a un público diverso preocupado pola preservación do noso patrimonio arquitectónico.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES