Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A televisión plurilingüe

jueves, 14 de octubre de 2010
A escola da vida: A televisión plurilingüe
A última proposta do ministro de Educación é que para aprender idiomas se emitan as películas en versión orixinal. En principio, non parece ser unha mala proposta. En Portugal, hai moito tempo que isto é un feito, e que grazas a iso están por diante de España no referente ao número de falantes en idiomas estranxeiros, principalmente en inglés. Non é que eles teñan adoptada esta fórmula como unha solución para que os seus mozos e adultos melloren as súas capacidades idiomáticas, senón máis ben foi porque os seus medios técnicos e humanos non lles permitían facer todas as dobraxes das películas que pasaban pola televisión.

Pero centrémonos na proposta tirada do contexto territorial. Estaría ben que as películas aparecesen con subtítulos para que a capacidade auditiva e a comprensión da linguaxe mellorase nos espectadores? Irremediablemete hai que dicir que si. De feito, cando unha persoa vai ao estranxeiro, a aprendizaxe do idioma por exposición directa e pola propia necesidade da súa supervivencia fan que agudice o oído e empece a vocalizar frases no estraño idioma. Senón pensen en calquera dos moitos emigrantes ou erasmus que coñecen que se foron a terras afastadas con linguas pouco intelixibles para nós, e de seguro, que a súa primeira pregunta ao encontrarse ante eles foi: como os entende? Pois iso, esforzándose.

Pero agora vén a segunda consideración. Ante unha tortura de tal calibre para todos os espectadores, non sería mellor que os que tivesen realmente desexos ou a necesidade de poder aprender idiomas estranxeiros tivesen os medios tecnolóxicos para facelo? E cando digo medios tecnolóxicos non estou falando de medios de última xeración, senón só de medios como os laboratorios de idiomas nos centros de idiomas ou nas aulas escolares.

Ademais, moitas das películas que un pode escoller en calquera videoclub veñen gravadas en varios idiomas a un tempo, co que un só ten que elixir o que máis lle conveña.

Por iso, antes de pórnos a debater sobre o emitir películas para todos sen dobrar creo que habería que empezar por ver que outras alternativas hai, senón parece que, como os bizantinos, estamos querendo debater sobre cousas improdutivas, cando hai tanto que arranxar sen querer saber o sexo dos anxos.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES