Queren máis, non teñen fondo
Cardalda, Theo - miércoles, 13 de octubre de 2010
Desde o preguntoiro: Queren máis, non teñen fondo
As declaracións que fixo o Gobernador do Banco de España (cuxo nome non quero lembrarme) o pasado día 5 no Congreso dos deputados traspasan un novo e incrible Pisciatello.
Vexamos o que dixo: Eliminar dos convenios colectivos a cláusula de revisión salarial e aumentar a idade de xubilación. Os animais salvaxes, cando andan esfameados polo monte, teñen comportamentos algo máis normais que o deste Sr. que cobra máis de 200.000 Euros ao ano.
En lugar de censurar a quen están especulado a mans cheas, escornea contra os pensionistas. Pide austeridade salarial aos traballadores, pero non pediu recortes a eses pensionistas blindados da banca, altos cargos e executivos das grandes corporacións.
¿Cal pode ser o motivo deste tarabelo Gobernador o de rachar cos dereitos dos pensionistas?. O que verdadeiramente temos detrás é unha grande operación para aumentar os fondos privados de pensións en favor da Banca. Seguro que quere aforrar outro cacho de chiculate do loro, que tanto gustaba ao Gaiteiro de Soutelo. Hai que ter unha cara máis dura como o formigón armado para dicir o que dixo, mentindo como un cosaco cando analiza o que está acontecendo na economía deste país.
Eles queren máis. Non teñen fondo. É nós a tragar coa socialdemocracia gomosa e consentidora, onde o Zapatero fala de brotes verdes esperanza, deseñados por Ágatha Ruíz de la Prada moi ben adornados, ao final nin chicha nin limoná. Entre todos eles seguen cociñando e comendo o marmitako
Estes días apareceu nos xornais unha carta aberta do ex-deputado por Málaga Antonio Romero, onde ao final do escrito comenta: ...A este Gobernador o tiñan que deter por apoloxía de terrorismo neoliberal causando alarma na poboación....
Coido que tiñan que deter a moitas ducias de mangantes pendurados no teto do estado.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora