Rodas e pirámides
Editorial - viernes, 15 de octubre de 2010
Os xogos piramidais, como calquera outro procedemento similar utilizado ó longo da historia, consisten en que os participantes iniciais aportan unha determinada cantidade de diñeiro como punto de partida do xogo, e recibirá de cada novo participante que entre na roda unha determinada cantidade co que se o xogo se prolonga indefinidamente, os participantes recibirán cuantiosos beneficios, proporcionais ó número de xogadores que formen parte da operación.
Para que o sistema siga funcionando, teñen que incorporarse novos xogadores que garanten coas súas aportacións que ninguén dos anteriores vai perder o diñeiro investido.
Con este sistema piramidal teñen tamén funcionado un tempo empresas ou iniciativas particulares que prometían intereses moi por riba do que o mercado permite, aboando estes intereses coas novas aportacións recibidas en tanto a afluencia de participantes o permitíu.
Pero chega un momento en que o sistema se creba, deixando de haber novas aportacións, sendo os últimos participantes os máis perxudicados por un sistema abocado ó fracaso.
Está agora en marcha unha chamada roda portuguesa, onde parece ser que participan numerosos galegos, na que os afortunados que aportan dez mil euros teñen a oportunidade de multiplicar por oito o seu investimento. Mentras o sistema continúe funcionando.
Os que participan e reciben beneficios importantes son as mellores testemuñas do funcionamento do sistema, pero chegará un momento en que será imposible continuar e serán multitude os damnificados. E as lamentacións dos afectados non farán máis que revalidar os vicios dun sistema imposible de soportar.
Rodas e pirámides teñen un vicio inicial imposible de superar, xa que supoñen para que o seu funcionamento que haxa un fluido ininterrumpido de diñeiro no sistema, no que os beneficiarios só serán tales na medida en que haxa novos convencidos para arriscarse á caída estrepitosa inevitale. As autoridades deben tomar cartas no asunto de xeito decidido. Pero todos nós debemos asumir que un sistema coma este non pode dar ningún bo resultado, e que canto máis axiña se corte menos damnificados haberá.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora