Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galego, no mellor sentido

jueves, 14 de octubre de 2010
Galegos resultamos ser os que nacemos nesta fisterra ou viñemos vivir nela, de xeito que dos millóns de galegos que no mundo somos, arredor da metade vivimos no territorio do noroeste da península Ibérica, e o resto espallados por Europa ou América especialmente, gozando todos dos beneficios dunha herdanza multisecular que nos fai xenuinos e diferentes.

É difícil para algúns foráneos entendernos axeitadamente, pois fíxanse en estereotipos que coidabamos superados hai moitos anos, o que ven indicar que os que nos ven extraños -polas diferencias- son os que non viven na realidade.

Foi Rosa Díez, a que nalgún momento puido parecer gran esperanza para moita xente, a que falou de “galego, no sentido máis pexorativo do termo”, para gañar a repulsa do mundo político galego, e do mundo galego en xeral.

Agora foi Montilla, o presidente catalán, que no seu Parlamento para criticar a presunta indefinición de CIU no Congreso dos Deputados, acusounos de mollarse pouco, “facendo de galegos en Madrid”.

Costa imaxinarse que ningunha autoridade, no fragor dunha discusión, mencionase no Parlamento de Galicia a conducta dun parlamentario como propia de cataláns ou vascos, atendendo ós estereotipos propios doutro tempo, que todas as comunidades sufriron e tentan esquecer.

Os pobos superan dificultades e incomprensións co paso do tempo. Pero hai políticos que non consiguen superar os seus propios complexos, e seguen sen comprender que cando se fala do xentilicio “galego”, temos merecido sobradamente que sexa no mellor sentido da palabra.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES