Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Liderazgo no paro

miércoles, 13 de octubre de 2010
Neste comezo de curso económico, cando afloran os problemas que o verán puido aletargar, cando todos nos preparamos para un previsiblemente duro inverno, comezan os movementos, as presións, e as cifras a aflorar para evidenciar a animación do sistema e a preocupación social.

Recentemente fixéfronse públicas as cifras do paro que en España volve superar esa cifra dos catro millóns que por elevada nos parece mítica e chamativa, evidenciando a traxedia do noso mundo laboral.

O Instituto de Estudios Económicos fíxose eco das estimacións efectuadas poo Instituto de Kiel de Economía Mundial, onde se acredita que o próximo 2011 en España o paro vai chegar ó 20,4%. Superando en cinco décimas as previsións para o presente año.

E se a porcentaxe, de xeito absoluto, evidencia un gravísimo problema, máis duro resulta se se teñen en conta as previsións para outros paises do noso contorno, entre os que están Francia ou Hungría cunha tasa de desemprego prevista do 10%, Portugal cun 11,4%, Irlanda co 12,3%, Eslovaquia co 14,5%, Lituania co 15%, Estonia o 17,5%, e a peor Letonia co 18,8%.

En privado, todos admitimos -todos nos tememos- que 2011 vai ser peor que o presente ano nos aspectos económicos e, polo tanto, no eido laboral, se ben polo momento as autoridades competentes non se pronuncian con claridade sobre o tema para non empeorar o ambiente. Previsións coma esta vannos preparando para o que veña. En principio, para ser líderes, pero só nas cifras do paro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES