Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Matar a verdade

viernes, 08 de octubre de 2010
Desde o preguntoiro: Matar a verdade

A orde de busca e captura ditada á Interpol polo maxistrado Santiago Pedraz contra os tres militares que mataron a Xosé Couso quedou en saco roto.

A Interpol négase a incluír no seu listado a estes militares baseándose no artigo Nº3 dos seus estatutos: “...está rigorosamente prohibida toda intervención en cuestións políticas, militares, relixiosas ou raciais...”. Ou sexa, xa non poden deter a un bispo pederasta, a un xitano asasino nin a un político mafioso. ¿Será que nos toman por paspáns?. ¿Será o mundo ao revés?.

Un crime de guerra é unha acción de guerra, pero, non deixa de ser un crime e como tal é un delito. A Couso o mataron (e outros compañeiros que estaban no hotel) por informar e ensinar as vergoñas da guerra. O tanque e os seus soldados, cumprindo ordes superiores sabían moi ben o que estaban a facer e cal era o obxectivo a bater.

Non entanto, esta loita de que se faga xustiza ante este asasinato de Xosé Couso, ten de positivo de que a xente saiba de quen é toda esta caterva de goberno e exército USA é que se tome conciencia do que está a pasar neste planeta onde un país autoproclámase “xendarme” do mundo, onde a Interpol da a impresión que segue os seus mandatos.
Algunhas gotas están a caer, ¿asemella choiva?. Moitos de nós non distinguimos se chove, ou nos están a mexar. A Interpol con esta negativa intenta mexar por nós e que andamos aínda coa chupeta.

Matar un xornalista facendo de correspondente independente de guerra é matar a verdade. É impedir que o mundo vexa o terror do invento máis execrable da humanidade, que enriquece a diaños sen alma nin dignidade.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES