Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En torno a tres conceptos

jueves, 07 de octubre de 2010
A sociedade líquida, a solidaridade e a crise son conceptos estreitamente relacionados, que intentarei explicar brevemente.
Foi ZYGMUNT BAUMAN, sociólogo polaco, quen introduxo o termo liquidez en socioloxía, para designar a ruptura da estabilidade nas sociedades actuais, que semellan algo así coma un inmenso mar de auga, cuxa ondada arrastra e destrue todo canto encontra ó seu paso, deixando o volátil, e nas sociedades as crises económicas e de valores, as ecolóxicas, o terrorismo e numerosas quebras de empresas e institucións, antes encoradas nunha sociedade estábel e fiábel.
Dí o sociólogo que a nosa sociedade (líquida) levounos ao fanatismo, á amoralidade (sic) e á indiferenza social, en aras dunha fe cega no progreso, deixando arraigar coma único hábito (ETHOS) a insolidaridade e o “descompromiso” cos nosos semellantes. É que nesta sociedade líquida, as condicións, os valores e as normas de conduta cambian constantemente en simpatía coas esixencias egoístas, e estos cambios levan consigo que nin os logros individuais nin os colectivos poidan solidificarse en grao suficiente para ser considerados coma bens dunha necesaria permanencia, e que as mesmas experiencias non subministren e avalen pronósticos que permitan artellar estruturas estables e fiables, posto que os feitos que as motivaron non volverán a repetirse en similares condicions. E xustamente por isto, canto nos achegaron o nosos devanceiros devén obxecto de indiferenza, cando non de desprezo, para estas xeracións da liquidez.
Polo tanto, ós membros destas sociedades non lles queda outra saída que acostumarse ó cambio e ó desapego, que levan consigo coma única inquietude o desfroite máximo da ocasión (KAIROS) cando esta se presenta, a través da compra compulsiva e crediticia. E como escribe un comentarista de ZYGMUNT, non hai máis identidade (solidaridade?) que o permanente esforzo de autoconstrución fronte (ou contra?) os demais, utilizando o consumo coma ferramenta de expresión principal: Comunicámonos exhibindo o que consumimos, porque non hai palabras, nin vontade, nin sentimentos, para facelo mediante unha linguaxe axeitada e correcta, veraz e rigorosa, respetuosa e portadora de sinceridad persoal e institucional.
Certamente por isto é polo que os individuos, na sociedade líquida, viven só para sobrevivir e obter satisfacción: interesa só a velocidade, non a duración, das satisfaccións, por iso mesmo aquilo que interfire a nosas celeridades apártase das nosas vidas (abortos?, estabilidade familiar?). E chega isto a tal extremo que os mesmos artefactos teñen hoxe unha duración efémera (usar e tirar), coma non sexa nos paradóxicamente chamados puntos limpos: dura só o que deixamos no camiño, os refugallos, e desta maneira xa podemos definirnos coma “home elector” (HOMO ELIGENS), unha nova categoría social, antes descoñecida, ou, cando menos, irrelevante, mentras agora extasiámonos ante os escaparates da frívola oferta da diversidade.
Por desgraza, a procura de sosego e duración, de seguridade e fiabilidade, de aforro e planificación razoábel e racional, no seu caso, trócase en fluidez, inestabilidade, confusión e risco. Así, máis ou menos, o deixan caer, as persoas autorizadas, nas súas intervencíóns ante a colectividade, amosando, consciente ou inconscientemente, un certo desacougo e impotencia. Tal é o caso do gran axiólogo Dr. José María Méndez, un home cheo de diversas experiencias, polas que pasou na súa vida ata arribar ao sacerdocio, xa nunha idade avanzada, que titula unha das súas numerosas conferencias, en Madrid, CRISE ECONÓMICA OU CRISE DE VALORES?, e que a introduce con este pequeno parágrafo de Francisco de Quevedo:
“Da guerra sae a paz, da paz sae a riqueza, da riqueza o ocio, do ocio o vicio, e do vicio outra vez a guerra”
“Da Primeira Guerra Mundial, dí o Dr. Méndez, sairon os prósperos e alegres anos vinte, que terminaron na crise financiera do 29. Os EE.UU. só superaron a depresión subseguinte na Segunda Guerra Mundial. Despois desta viñeron os milagres económicos dos anos sesenta e a desfeita moral dos noventa. Agora estamos na crise financiera do 2.008. Que ven despois?. Acaso a Terceira e definitiva?.
A min ocórreseme preguntar, se o remedio desta crise non terá que vir polo esforzo de crear un estado de seguridade e confianza que antepoña os valores que o alicercen a calesquera outros, dando así prioridade a estabilidade e a fiabilidade, para correxir os efectos da liquidez e o desasosego, potenciados pola incompetencia e a inexperiencia dos que teñen delegada a función e responsabilidade de alcanzalo. Pero isto, na nosa sociedade, soa a metafísica.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES