Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cara onde mirar agora

jueves, 07 de octubre de 2010
En tempos, as miradas estaban sempre dirixidas a Europa, de onde viñan todos os soplos de liberdade que eramos capaces de percibir. Pero logo Europa tamén fomos nós, aínda coa conciencia de que os Pirineos seguían existindo, como se houbese europeos de primeira e de segunda, en criterio exclusivamente establecido a partir de parámetros económicos.

Alemania, Suiza, Francia... deixaron de ser puntos míticos de destino de emigración para ser iguais en deberes e dereitos, pero en conciencia todos sabiamos que a igualdade era ficticia; puramente sobre o papel.

Coa crise orixinada en Norteamérica e sufrida nas carnes occidentais desde o primeiro momento, empezamos a notar problemas e desconfiar do estado de saúde económica dos nosos veciños occidentais.

Primeiro foi Grecia quen necesitou axuda institucional para poder manterse entre as nacións europeas, camiñando ó mesmo ritmo. Logo Portugal, e mesmo España sufríu vaivéns, e sófreos na consideración de axencias e gobernos, estando no punto de mira pola capacidade que demostre de mellorar o déficit público, reducindo dráticamente os gastos do Estado.

Agora, Irlanda, que tantas veces se nos ten posto de exemplo ós galegos de cómo aproveitar investindo en tecnoloxía, formación e progreso as axudas da Comunidade Europea, denostando o uso destas axudas feito en Galicia, de repente todo parece virse abaixo.

Na irmá Irlanda, como en calquera outro país moderno, o creto internacional posibilitou un progreso baseado na economía financiera que caeu estrepitosamente diante do asombro de todos os que loubaron un crecemento tan espectacular.

Na actualidade non temos puntos de referencia inmediatos nos que fixarnos para que nos sirvan de exemplo. Temos, si, economías como as de Alemania, Francia, Suiza... pero eso posiblemente nin nos interesen nin nos vallan, porque neses paises trabállase de xeito concienzudo e planificado, sen concesións á galería. Velaí a razón do seu progreso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania