Navallada
X.X. - martes, 27 de abril de 2004
Cumpríronse 25 anos. Foi o 27 de abril de 1979 cando os primeiros coches circulaban pola autopista A-9, entre A Coruña e Santiago de Compostela, hoxe absolutamente imprescindible para a normal circulación do norte ó sur de Galicia.
Unha navallada á nosa terra foi o título dunha fortísima campaña en contra desta autopista que, certamente, tivo dificultades e erros, pero vista na distancia foi unha obra xigantesca da que unicamente cabe lamentar que siga a ser de pago, e durante aínda moitos anos.
Os mesmos promotores da idea da navallada hogano non poderían soster taxativamente a mesma formulación. Porque se xa no momento en que os acontecementos suceden unha cousa é a realidade e outra os argumentos políticos, o paso dun cuarto de século da tempo para que se asenten moitas cousas. E, neste caso, pasou moita auga por debaixo das pontes como para manterse en posturas inamovibles.
A Autopista puido ser unha navallada na nosa terra, pero a acción da xigantesca navalla non foi outra cousa que un bisturí médico abrindo corte que non ferida para reparar unha enfermidade milenaria de falla de comunicacións quedando, sí, unha perceptible cicatriz que se me apuran- é mesmo esteticamente interesante nesta Galicia dos aeroxeneradores.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora