Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Convivir máis para vivir mellor

miércoles, 06 de octubre de 2010
Recentemente editouse o Estudo estatal sobre a convivencia escolar na educación secundaria obrigatoria. Este informe foi feito polo Ministerio de Educación coa colaboración das Comunidades Autónomas e o Observatorio Estatal da Convivencia Escolar. Nel ofrécense datos sobre os últimos cursos e, polo tanto, unha foto que reflicte a situación actual da convivencia nos centros.

Entre as conclusións máis importantes está a de que para unha boa convivencia no centro é necesaria unha estreita colaboración coa familia, co fin de harmonizar a disciplina e a atención aos mozos. Esta é, para o persoal dos centros, a clave para atallar a maioría dos problemas condutuais dos seus alumnos.

O persoal dos centros pensa que ás familias se lles está escapando o control dos seus fillos en canto a súa exposición ás novas tecnoloxías. Así, sinalan que o 45% dos mozos e mozas teñen televisión no seu cuarto e o 39,8% vea en solitario con bastante ou moita frecuencia. Outro tanto adoita pasar coa Internet, coa que os pais posúen pouco ou nulo control en máis da metade dos casos, e onde o 37,7% dos mozos dispón de acceso no seu cuarto. Constátase, ademais, que o 49% utiliza Internet para comunicarse con outras persoas unha hora ao día ou máis.

E aínda que o estudo observa que a calidade da relación entre as familias e a escola valórase como boa ou moi boa de forma maioritaria por toda a comunidade educativa, déixase entrever que estreitar os lazos e falar cos fillos das súas situacións cotiás traería unha mellora nos aspectos convivenciais.

Por último, vólvense subliñar unha serie de problemas que parecen manterse como unha constante desde hai tempo. Entre os máis salientables están a necesidade dunha maior cantidade de recursos humanos para mellorar a convivencia e resolver os conflitos que xorden (78,6%); máis formación do profesorado en temas de convivencia (73,8%); dispor dun equipo de mediación ou mellorar o que existe (69,4%); implantar programas de prevención (67,2%); dispor de ferramentas de avaliación da convivencia; e maior implicación dos departamentos didácticos (63,9%).

Así é que haberá que seguir poñendo os medios precisos para continuar avanzando na calidade da convivencia, pero tamén dispoñer do tempo para facerse cargo da educación dos fillos no fogar.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES