Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día de Defuntos

miércoles, 06 de octubre de 2010
Polo verán e nadal insistimos, aproveitando que son meses de moito cosumo familiar, para que se elixan productos etiquetados en galego, nomeadamente os viños, como unha maneira de apoiar a difusión da nosa lingua, e galeguizar a economía. E nos primeiros mese do ano facemos outro chamamento para buscarnos a mesma fin nas máis de oito mil festas que se celebran en Galicia. As propostas resúmense nun decálogo baixo o rubro “Mil festas máis para a lingua galega”.

Ambos os dous chamamentos van dirixidos aos sectores máis conscientes da sociedade galega; a aqueles aos que máis lles preocupa a preservación dos nosos sinais de identidades: lingua e cultura. A eles compételles a tarefa de regaleguizar o país con innovadores métodos pedagóxicos. Ben están as mobilizacións sociais, pero estas deixarán de surtiren o efecto desexado no momento en que os seus participantes se crucen de brazos o resto do ano sen practicaren esa galeguización silandeira,tan necesaria en tempos complexos, marcados,ademais, pola remuda xeracional. As tradicionais celebracións do Día das Letras Galega e da Patria non teñen de seu efectos taumatúrxicos. Cómpre que acentuemos a responsabilidade que desde a esfera privada e familiar nos é propia para procurarmos outros ámbitos de uso.

A celebración do próximo Día de Defuntos é unha boa ocasión para poñermos en práctica esa actitude individual e responsable. A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística vai dar a coñecer, por enésima vez, a convocatoria “En galego,agora e sempre”, destinada a sensibilizar á opinión pública da necesidade de reparar a memoria cultural e lingüística dos nosos devanceiros. Os cemiterios son espellos que ofrecen unha imaxe distorsionada da nosa identidade.E a iso temos que poñerlle remedio. Só unha de cada mil lápidas está redactada en galego; e únicamente un 2% das esquelas se publican no noso idioma. Coa agravante, moi frecuente, que as esquelas publicadas polas familias dos falecidos están en castelán cando a carón delas publícanse outras en galego por inicitiva dos compañeiros de traballo. Sorprenden estas porcentaxes se se contrastan coas que a cotío ofrecen as páxinas necrolóxicas dos xornais editados noutras nacionalidades do Estado. Ali é ao revés: o 98% das esquelas publícanse en catalán ou euskera. Algo está a fallar na transmisión do galego no eido familiar, e a responsabilidade hai que asumila de vez.

A proposta da AFNLG vai dirixida aos concellos e particulares. Aos Concellos, para que rehabiliten a memoria cultural de “todos os que aquí dormen o sono eterno, porque grazas a eles Galicia segue a ter lingua e cultura de seu”, colocando unha placa na porta do cemiterio, parroquial ou municipal. Sería tamén oportuno substituír algunhas lápidas en castelán por outras en galego dos falecidos que na vida foron defensores do noso patrimonio. Tamén é precisa que esta iniciativa a asuman os particulares. Non ten moito xeito que unha lápida en castelán identifique o nicho ou tumba dalguén que sempre foi monolingüe, sobre todo nas relacións familiares. A unión dos afectos e o sentimento patrio, a querencia por aqueles elementos que conforman a nosa identidade, non debe ser disociables. É certo que os poderes públicos teñen a obriga de protexer e fomentaren o noso idioma. Pero no ámbito privado a decisión é nosa. Cos defuntos nós temos a palabra.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania