Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un novo imposto

miércoles, 06 de octubre de 2010
A novas actividades económicas, a Administración sensible a toda nova fonte de ingresos responde con novos impostos nunha insaciable necesidade de financiación para o imparable incremento das súas intevencións político-administrativas.

Regulado escrupulosamente o xogo nun ben rendible mecanismo recaudador, que empeza polas Loterías do Estado, a Administración ven de descubrir un filón moi importante na actividade do xogo xurdida en Internet, que se estima pode xenerar unhas ganancias de arredor de douscentos millóns de euros anuais, nos que o fisco vai participar.

Polo momento aínda non existe nin o imposto nin a mecánica que o vaia poñer en marcha, só a intención expresada de poñerse á tarefa de xeito inmediato, cun plan de traballo que inclúe a transformación do organismo de Loterías y Apuestas del Estdo nunha sociedade empresarial pública que incluso permitirá a entrada do capital privado, pasando polo control dos diversos operadores do xogo por Internet e e outras canles telemáticas e informáticas, ata chegar a revertir o recaudado con este novo imposto nas Comunidades Autónomas, destinatarias desta nova fonte de ingresos públicos.

Obter ingresos sustanciosos polo xogo na Rede forma parte, así mesmo, dun plan de vixiancia da fuga de capitais e prevención de estafas a través de Internet, ata agora incontrolada nese aspecto.

Xa van quedando poucos campos da actividade humana que non conten coa correspondente regulación, complicación, normativización. Forma parte do imparable proceso intervensionista dunha administración fagocitadora, que nunca deixará de invadir todos os campos -presentes ou futuros- da actividade humana.

Polo menos, nesta ocasión, as autonomías -sempre dependentes da Administración central- terán unha nova fonte de financiación, máis precisa que nunca neste tempo difícil.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES