Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coches eléctricos

martes, 05 de octubre de 2010
Agora que nas festas populares as vellas atraccións van quedando arredadas e as pistas de coches eléctricos pasan a un segundo plano nas preferencias da mocidade que pode experimentar en directo e non a través de coches de choque, parece chegado o momento de que os vehículos automóbiles esquezan os tradicionais combustibles e poidan pensar en que a electricidade supla en todo ou en parte ás gasolinas e ó diesel.

Anda a Citröen, establecida en Vigo, pescudando na presencia futura dos automóbiles eléctricos ou híbridos nas nosas estradas, e a alianza desta multinacional coa Mitsubishi para montar unha fábrica de baterías de litio en Salvaterra abunda nun camiño que parece non ter vía de volta.

Estamos nos albores dunha nova idade da automoción, que visto o florecemento da que ata agora vivimos cabe augurar brillante se os planteamentos dos investigadores e dos rectores das empresas acertan nas súas previsións. Mágoa que, por agora, os coches sexan algo máis caros ca os modelos existentes, e que a carga das baterías non permita grandes desprazamentos sen “repostar” nunha “gasolineira”, pero principio queren todos os procesos, e a ciencia adiantará nos próximos anos o suficientes como para que os vehículos poidan abandoar a dependencia absoluta existente ata o momento dos combustibles de procedencia orgánica, que orixinan unha fortísima contaminación e teñen custos moi elevados.

A alianza das empresas coa Xunta de Galicia vai propiciar que en todo o territorio galego se instalen catrocentos puntos de recarga das baterías dos novos vehículos, co que estarán postas as bases para que o novo sistema comece a funcionar.

Fan falla axudas oficiais para que os pioneiros se animen a entrar no novo mercado, e que os vehículos comecen a rodar en canto a técnica o permita.

Deixarán de ter encanto para os novos os coches eléctricos en festas e romarías. Porque a novidade estará nas estradas, e os máis novos serán sen dúbida os que consigan que triunfe o novo sistema, co que entraremos nun futuro menos contaminado e menos oneroso, que a todos beneficiará.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania