Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grazas focegos, grazas amigos

viernes, 01 de octubre de 2010
Este cronista acaba de vivir, no día de onte, unha experiencia singular que fixeron posible os focegos ós que quero expresar públicamente a miña gratitude emocionada. Foi así que a Corporación Municipal, a iniciativa de varios colectivos cidadáns, e por unanimidade, concedeu ó que suscribe o tan honroso título de Fillo Predilecto de Foz.

Confeso que edexamais se me pasara pola maxinación tal posibilidade; nunca tampouco figurou entre as miñas aspiracións, sempre mais modestas. Estes galardóns, por outra parte, e salvo excepcións, maioritariamente soen otorgarse a xentes que favorecen ós habitantes dos pobos ou cidades con accións ou actuacións que teñen que ver co poder político, económico ou doutra índole dos benfeitores (persoeiros ilustres das letras, as ciencias, a milicia, etc.), e nengunha das circunstancias se dan neste caso, o que o fai mais sorprendente por inesperado.

Con tal motivo o concello organizou un acto institucional solemnizando así a entrega do título e atributos correspondentes; acto que estivo participado por moi numerosos focegos e tamén moitos amigos e amigas, da bisbarra e de fora dela, que quixeron unirse ó mesmo expresando dese xeito a amizade co homenaxeado e tamén a solidaridade co galardón concedido.

Pode crerme, lector amigo, que nunca vivira tantas emocións e que as sensacións e os sentimentos me embargaron e aínda, ó redactar estas liñas, síntome baixo os efectos dos mesmos. Que as xentes do pobo onde un naceo, se criou e vivíu sempre, coas únicas ausencias del que as obrigadas por razóns de estudos, ou no seu tempo o cumprimento do servicio militar, que a un o decraren predilecto entre os seus veciños, constitue unha honra de difícil parangón.

A vida, ó longo dela, concedeume un privilexio: sempre me vin rodeado de moitos amigos que a cotío me amosaron os seus afectos e consideracións, pero confeso que nunca pensei que chegaran a ser tantos nen tan xenerosos. Dende veciños a carón da porta, de diaria convivencia, ata amigos que non vía dende hai preto de corenta anos ou algúns que viven a miles de kilómetros e que voaron para estar ese día na miña compaña, son vivencias e emocións difíciles de expresar pero que sen dúbida deixan na persoa a pegada da verdadeira amizade, da pervivencia dos afectos e que nos reafirman en tal sentimento. Por outra parte foron moitos os que por diversas causas non puderon estar presentes e que, por distintos medios fixeron chegar a súa adhesión.

O 25 de setembro de 1963 este cronista remataba coa solteiría, feito este que resulta inesquecible na biografía de calquera persoa; 47 anos mais tarde, outro 25 de setembro pasaría a ocupar referencia preferente nas efemérides persoais. Tal día, o que suscribe recibía de mans do alcalde de Foz, don Xosé María García Rivera, en nome de tódolos focegos, o título de Fillo Predilecto do seu Concello. A miña emocionada gratitude para focenses e amigos.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES