Responsabilidades na terceira idade
Editorial - viernes, 01 de octubre de 2010
A terceira idade, en tempos referida ó colectivo de maiores de sesenta anos e hoxe relacionada coas persoas xubiladas, é un colectivo que arredado de obrigas laborais- pode dedicarse a tarefas culturais, sociais ou de lecer, voluntarias sempre, que coroan unha vida e permiten ós que o desexan volcarse hacia os demais.
Pero a crise -sempre a maldita crise, influíndo en case todo- obriga a que os compoñentes deste colectivo que teñen unha segunda xeración na súa familia deban atender a estes máis novos, cada vez con máis dedicación.
Nos tempos que corren, na unidade familiar cómpre que pai e nai desempeñen postos de traballo, e os nenos desde moi novos acudan a garderías para permitir esta vida laboral, tendo cada vez máis os avós un papel activo na educaciòn dos rapaces ou no seu coidado.
A Sociedad Española de Geriatría y Gerontología calcula que os avós españois están dedicando un tempo medio de seis horas ó día no cuidado e atención ós netos, facendo un chamamento á prudencia para non sobrecargar en demasía ós maiores con estes traballos.
Asume así a terceira idade unhas responsabilidades especiais no cuidado e atención dos netos, que se ben xa existía en número elevado desde o momento en que a muller se incoorporou plenamente ó mercado laboral, agora a dedicación se agudiza pola maior atención que se lles presta ós nenos, e pola maior dedicación ós seus postos de traballo dos pais en tempos de dificultades laborais.
Estes traballos, esforzos e atención, seguro que non contan á hora das estatísticas laborais, dos servizos sociais e da realidade do país. E sen embargo é unha infraestructura importantísima, vital, coa que se conta de xeito gratuíto e dedicado.
Opinan os especialistas que esta nova e fonda relación entre netos e avós é tremendamente fructífera para uns e outros. Eso é o que a sociedade obtén como primeiro beneficio, que xa non é pouco.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora