Navia, Viva
X.X. - lunes, 26 de abril de 2004
Once anos despois, o Tribunal Supremo ven de anular unha resolución do Ministerio de Obras Públicas que autorizaba modificar as características dunha concesión para a presa sobre o río Navia. O que supón que, por fin, Navia de Suarna se verá libre da proxectada Gran Presa.
Sempre se soubo que as cousas de palacio ían despacio. Nesto, o alto Tribunal tomouse todo este tempo para estimar un recurso do Concello de Navia de Suarna, que só pretende seguir vivo xa que a gran presa asulagaría Navia e o seu val nunha extensión de dezaoito kilómetros.
¿Quen compensa agora a Navia por esta espada de Damocles? Porque Navia leva xa arredor de medio século loitando contra unha presa que a condenaría á desaparición , e ós seus habitantes ó desterro.
Navia está viva pero puido estalo moito máis se non fose freada a súa expansión desde os anos cincuenta, en que se comezou a falar do Gran Suarna.
As todopoderosas hidroeléctricas Portomarín, Castrelo do Miño...- dispuxeron durante moitos anos dos nosos destinos. Alegrémonos de que Navia se salve. ¡Un aturuxo por Navia viva e libre!.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora