Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O status de Cataluña

jueves, 30 de septiembre de 2010
A escola da vida: O status de Cataluña

Hai xa algún tempo que quería escribir este artigo. Así que, sen máis preámbulos, póñome a iso.

Cataluña é un lugar que queda ao lado dun país rico, Francia; que ten o que os estranxeiros buscan en España, sol e praia. A súa xente vive para a comunidade; pide sempre, e dá con moito reparo; sempre magnifica os seus logros, aínda que, moitas veces, sen desmerecer os demais. Así as cousas, aos seus líderes, xa se lles chame aristócratas ou políticos, nunca lles importou ser pedichóns. Con Franco, lograron a empresa de automoción máis importante do réxime, e ademais conseguiron que ás demais marcas lles establecesen cotas de vendas en función das que conquerira a súa compañía, é dicir, mercaron as oportunidades de venda.

Cando España era pobre, Cataluña pedía, porque eles saberían xestionar o que se lles dera. Así o razoaban. E os demais españolitos correndo para onde estaba a riqueza. Man de obra barata e ademais solícita e mansiña. Cando España subiu de status, Cataluña quixo máis. Co diñeiro de todos teñen as súas propias embaixadas polo mundo adiante, ademais das do Estado. Pero cando queren sacar as súas xentes dos atrancos en que se meten, en Mauritania por exemplo, ou noutros lugares, que raro que entón non se reivindiquen como país e lle digan á súa Generalitat: ¡Sálvanos ti!, que non queremos que nos salve o Estado. Ou quizais sexa porque para iso non queren gastar os seus cartos?

Teño moitos amigos en Cataluña, incluso familiares, galegos, xa imaxinan. Pero cada vez que falo con calquera deles, paréceme que estou falando con xente doutro país. Nunca ven o que se lles deu. Nunca recoñecen que os demais tamén temos as nosas necesidades, pero sempre os vexo moi ao tanto do que aínda lles falta.

Este verán un amigo que está emigrado comentábame que fora a Turquía. E que estaba ollando uns agasallos, e preguntoulle ao vendedor que canto custaban. O turco díxolle o prezo, e a el pareceulle caro. O mercader preguntoulle de onde era, e repondeulle que era español. O vendedor repúxolle: Non, catalán!

Nós, os galegos, sempre pensamos que nos alcuman polo que nos custa recoñecer como unha cualidade. Indecisos, pode ser, pero todo o mundo nos acepta de boa gana, e iso é o importante. Así que señor president Montilla. Non me chame catalán, chámeme galego..
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES