Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agora, a enerxía eléctrica

jueves, 30 de septiembre de 2010
Agora, a enerxa elctrica Antes, era “a luz”, por ser a iluminación nocturna a primeira e fundamental aplicación da enerxía eléctrica no mundo da familia. Agora só se usa o concepto a nivel coloquial, porque a enerxía eléctrica non só se utiliza para iluminar a nosa vida senón para innumerables aspectos da industria, da empresa, da administración, dos servizos, de xeito que os impulsos que circulan polos circuítos eléctricos veñen ser a ánima de todo os elementos materiais que nos rodean.

E precisamente agora, cando se produce o fenómeno do frenazo económico, as restriccións sociais, e a contención de todo tipo de gastos, anúnciase que a “luz” vai subir mañá preto dun cinco por cento.

Co tema da enrxía eléctrica téñennos cambiado de tercio moitas veces, coa disculpa de que as empresas cobran menos pola enerxía do que costa producila, de que as empresas presionan e que o goberno se deixa ir.

Pero o certo e que, baixo a apariencia de claridade meridiana, ninguén ousa explicar claramente como está a relación das empresas productoras e distribuidoras de enerxia eléctrica cos gobernos e cos consumidores. Só sabemos que temos subida anunciada, pendurada como espada de Damocles sobre as nosas cabezas, que coa chegada de outubro verá cortado o fío sustentador, e notaremos os seus efectos. Pequenos, pero que se suman ós anteriores e ós que virán. Porque esto parece o conto de nunca acabar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES