Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Garfos solidarios na Coruña

miércoles, 29 de septiembre de 2010
A Coruña recibe o proxecto divulgativo de responsabilidade social 5 Garfos Solidarios. Espacio Coruña promove e é o marco de celebración deste proxecto entre os días 30 de setembro e 16 de outubro. Nestes intres, máis ca nunca, é preciso incidir sobre a importancia que ten a solidariedade para tratar de axudar aos máis desfavorecidos. Este evento, dirixido ao público familiar e tamén orientado aos nenos, persegue transmitir uns valores imprescindibles chegando a varios millóns de persoas. A axuda a ONGs e asociacións sen ánimo de lucro é un investimento de futuro e un empurre ao progreso. Axudando hoxe a aqueles que o precisan, construímos unha sociedade máis xusta e máis forte para o futuro.

O proxecto 5 Garfos Solidarios visitará no 2010, as cidades de Girona, A Coruña, Madrid e León. Tendo en conta experiencias anteriores a organización estima que o evento será visto, tan só na súa etapa da Coruña, por 250.000 persoas e que uns 2.000 nenos participarán nos seus xogos e obradoiros. Ao final do ano, e tras percorrer as catro cidades, o evento terá sido visitado por 1.200.000 persoas e máis de 9.000 nenos terán participado, xogado e aprendido coas súas actividades.

O proxecto faise en beneficio do Banco de Alimentos, entidade sen ánimo de lucro, cuxa misión é recuperar excedentes alimentarios da nosa sociedade e redistribuílos entre as persoas necesitadas. O Banco de Alimentos recolleu e redistribuíu en España durante o 2009 máis de 66.000 toneladas de comida entre os máis necesitados.

Nos tempos nos que vivimos a utilidade social e o labor das asociacións benéficas e os comedores sociais amosaron ser imprescindibles, pois teñen multiplicado as súas axudas, estendendo o seu labor humanitario máis aló das persoas sen fogar. A crise provocou que moitas familias dependan destes comedores para a súa subsistencia diaria.

No evento imos poder descubrir algunhas curiosidades dos importantes chefs que colaboran co proxecto... un apoio equivalente a 23 estrelas Michelín: a Joan Roca encantáballe ler o Capitán Trueno; a cidade na que lle gustaría perderse a Carme Ruscalleda é Tokio; a Martín Berasategui gústalle erguerse moi cedo e dar longas camiñadas; a Mario Sandoval gústalle xogar ao Mario Bros de Nintendo; a Paco Roncero gústalle correr todas as mañás polo Retiro; os pasatempos favoritos de Darío Barrio son facer salto B.A.S.E, paracaidismo e piragüismo; de pequeno Ferrán Adriá quería ser futbolista e a Juan Mari Arzak encántanlle Asterix e o hiphop...

Ademais participan os cociñeiros con estrelas Michelín da provincia da Coruña; Juan Manuel Crujeiras de Restaurante Estación de Cambre e Fernando Agrasar do restaurante As Garzas.
Mínguez, Alejandro
Mínguez, Alejandro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES