Máis Xacobeo
Editorial - miércoles, 29 de septiembre de 2010
Desde hai máis de mil anos, as xentes peregrinan a Compostela a través de varios camiños que conflúen na terceira das cidades santas da Cristiandade. Ocorre todos os días de todos os anos, pero hai ocasións especiais que antes se chamaban Ano Santo Compostelano, e agora Xacobeo.
Estes Anos Santos ou Xacobeos veñen a celebrarse aqueles nos que o 25 de xullo, festividade do Señor Santiago, cadran en domingo, que o calendario vai repetindo en secuencias separadas entre si por 4, 7 e 11 anos. Tardaremos, desde agora, once anos en poder celebrar un novo Xacobeo.
Pero está saíndo tan ben esta celebración, está producindo tantos bos resultados económicos e sen dúbida espirituais, que parece que a Xunta pretende que este ano de 2010 se considere ampliado para que esta celebración dure máis tempo e siga a producir durante ese tempo (quizais todo 2011) os seus resultados beneficiosos.
Sona ben difícil xa non a consecución por parte da Igrexa, senón xa o seu plantexamento, porque parece unha pura operación comercial, ben xeitosa para Galicia, pero con escasos argumentos diante das autoridades eclesiásticas.
Está saíndo tan ben a Operación Xacobeo para Santiago e para todas as cidades e pobos por onde pasan os Camiños, que é natural a tentación de pedir unha prórroga. O malo é como planteala, e que a Igrexa que anda máis polo espiritual que polo económico- se preste á ampliación.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora