Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha folga

martes, 28 de septiembre de 2010
Para mañá está convocada unha folga xeral en todo o territorio español, e polo tanto en Galicia.

As dificultades que os traballadores teñen non parecen ter a mellor solución nunha folga xeral contra todo e contra todos, pero a convocatoria está feita e os convocantes teñen perfecto dereito a plantear este reto ós poderes públicos como unha imposible demostración de fórza que ninguén se atreve a pronosticar como sairá.

O que se agarda dos convocantes e todos os que respondan a folga é que deixen en liberdade absoluta a todos os implicados nos procesos productivos para que exerciten os seus dereitos, indo á folga os que o desexen e traballando aqueles que non queiran interrumpir a actividade normal de cada día.

Existe un certo fatalismo na sociedade galega sobre a convocatoria de folga, moi pouco fervor nos traballadores, un gran descoñecemento xeral. Poucas veces unha folga xeral foi tan mal explicada, menos entendida e, polo tanto, menos sentida.

Mañá é o día no que os sindicatos e o goberno contenderán en loita legal na percura duns resultados imprevisibles. Alomenos, que teñamos o día en paz, e que a folga teña os resultados que a sociedade desexe; que sexa un plebiscito no que cada quen diga o que teña que dicir, faga o que queira facer, e traballe ou folgue segundo lle indique o seu parecer.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania