A folga xeral e a perda do norte
Cardalda, Theo - viernes, 24 de septiembre de 2010
Desde o Preguntoiro: A folga xeral e a perda do norte
Xamais coñecín unha reforma laboral que afecte de cheo a tódolos colectivos deste país. Foi como unha carga de profundidade en pleno casco.
Os traballadores enfrontámonos a unha dura realidade, a unha reforma laboral que este Goberno progresista e socialista empeñouse en aprobar en solitario no Parlamento cunha agresión pura e dura contra os traballadores. Por menos motivos, en Francia, toda a esquerda social e política enfrontouse aos plans de Sarkozy.
Pero non debemos perder o norte. O feito de que moitos están queimados cos sindicatos e o seu silencio cómplice en 2008/09 cando o paro aumentaba en centos de milleiros de traballadores, non debe impedirnos ver con obxectividade que estamos ante as portas da maior perda de dereitos desde os comezos da transición política, e para iso temos un dereito como é a folga xeral. Quizais moitos no o teñen moi claro pola súa mala leite contra os sindicatos, pero o inimigo é outro, de principio o culpable é este Goberno e posteriormente será o outro que veña, pero que saiban que teñen enfronte ao pobo e aos traballadores. Temos que ter moi claro que si a folga fracasa, este Goberno e a banca quedarán lexitimados para apertarnos máis os parafusos e sigan dicindo onde hai que recortar (cando á banca lles deron 100.000 millóns a fondo perdido), pero sobre todo, quen perderemos, seremos os cidadáns e os nosos descendentes que viviran peor.
Non só fracasará CCOO e UGT, será un empurrón cara ao abismo de tódolos traballadores deste país. Hai quen está a dicir que os sindicatos son uns bastardose non iran a folga, pero lles digo: que non esquezan que son os nosos bastardos. Os inimigos son outros e non son dos nosos.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora