Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo depende da perspectiva

miércoles, 22 de septiembre de 2010
A escola da vida: Todo depende da perspectiva

Esta semana iniciaron o curso os estudantes, e con eles os pais, os profesores e todos os cidadáns, xa que todos se decataron de que era principio de curso cando viron as rúas e estradas ateigadas de autobuses e coches particulares estacionados daquel xeito. Pero isto é o habitual, así que non provocou demasiadas alarmas. As que si as causaron son outras moitas cousas. A que máis conflito me creou, persoalmente, foi o incendio provocado presuntamente por cinco mozos en Ourense, tres deles menores de idade, que incendiaron o colexio público de Cea, e cando dicimos este nome, sinalamos o único colexio do que dispoñen os nenos e nenas da zona deste concello próximo á capital provincial.

Pero se esta acción é, en por si, catastrófica polas súas consecuencias, e dramática polos seus autores, tórnase máis imponderable, se cabe, se se lles inclúe, ademais, entre as súas andanzas os danos da piscina municipal e a queima do vehículo co que cometeron os seus delitos.

Decenas de nenos e nenas quedarán durante algún tempo sen poder recibir as súas clases; moitas persoas que tiñan que acudir á piscina por problemas de saúde terán que esperar mellor ocasión para facelo, e o propietario do vehículo xa pode ir pensando en axenciarse outro.

Estas malas accións duns inconscientes pódense trasladar ou elevar, segundo lles pareza a vostedes, ao resto dos problemas da comunidade educativa. Así, o incendio pódese poñer parello á desaparición das escolas tras ano dos nosos pobos e aldeas, os estragos na piscina ao ninguneamento que os políticos actuais fan do idioma, esnaquizándoo, por arriba, cando poñen no seu lugar ao inglés e, por abaixo, cando inutilizan aos equipos de normalización lingüística ou fan caso omiso das propostas da RAG e doutras entidades que o tratan de revalorizar. E, por último, a queima do vehículo é igual que gastar diñeiro público en ordenadores e outros complementos educativos en centros privados concertados sen tratar de facelo prioritariamente nos colexios públicos, xa os pais dos seus alumnos terán que poñer dos seus petos o que a outros se lles da gratuitamente. Así son as cousas, ou, polo menos, así é como nolas queren facer ver: mentres os rapaces van ter problemas coa Xustiza, os políticos non. Todo depende quen faga as cousas.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania