Sanchos e Quixotes
X.X. - viernes, 23 de abril de 2004
Cada 23 de abril, recórdasenos o singular papel de Quixote e Sancho na nosa literatura; na nosa cultura.
En cada cabodano da morte do xenial Miguel de Cervantes, o mundo occidental da cultura celebra baixo o imperio da Unesco- o Día do Libro na honra de quen proporcionou ó noso tesouro colectivo o mellor Libro de Caballerías da historia.
Que ese día de 1616 morresen tamén o Inca Garcilaso e Shakespeare, non fai máis que aportar razóns encol da data, razóns que non son precisas porque o Manco de Lepanto merece plenamente seguir presente entre nós catro séculos despois.
Quixote e Sancho son tan vixentes hoxe coma daquela... E seguimos tendo quixotes -tolos de locura ou arrebatados de paixón- que ven xigantes onde hai muíños e dulcineas onde hai cortesanas das que saen nos programas do corazón. E temos sanchos que non ven máis aló do perímetro que alcanza a súa andorga, e din verdades coma puños que moitas veces non queremos escoitar porque nos doen.
Pero a xente normal coma vostede ou coma min- posúe/ posuímos, quizais a partes iguais, algo de quixotes e algo de sanchos porque o mundo obríganos a poñer os pes no chan mentras a nosa intelixencia busca destino e comprensión nas alturas.
Sancho e Quixote: purísima parella de feito da que ó mellor habería que obter clons híbridos para ir asentando este mundo tolo.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora