Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Mans solidarias: ¡Fan falla todas!

martes, 21 de septiembre de 2010
Que poden (e deben) ser tamén as súas. E as miñas. E as de toda a humanidade. Todas elas entrelazadas coas dos milleiros de membros activod (a maioría, anónimos) da ONG Mans Unidas, que ven de acadar o premio Príncipe de Asturias á concordia 2010. O seu importe (50.000 euros) vai a proxectos, xa  en marcha, para re/construír Haití.
 
Ante a evidente inxustiza que se está a vivir neste noso ingrato e insolidario mundo rico e os aínda non resoltos problemas da mortal e mortífera fame (multiplicados pola crise económica e moral reinantes) resulta esperanzador este signo visible e sempre presente de amor e solidariedade de Mans Unidas. Isto ten de axudarnos a facer medrar a nosa fe e esperanza de que segue a ser posible ese mudo diantinto e mellor tanta veces soñado por todos os homes e mulleres de boa fe que tamém abondan esta nosa sociedade.
 
Nun congreso recente de Teoloxía celebrado en España veñen de proclamar e reafirmar unha vez máis o que todos sabemos pero non damos un paso para que facelo real: Que todo home está chamado a coidar deste mundo no que vivimos. Ou sexa, que toda persoa humana ten (temos) de “responsabilizármonos” dármonos conta de que é tarefa nosa. De todos e de cada un de nós. Facérmonoss responsables (“responder en positivo) do noso planeta Terra, material e fisica, e , sobre todo, das persoas que o habitan. Todos somos imáns, uns dos outros. Somos e formamos a única gran familia humana. Como tales debemos de comportármonos. Así o entenden milleiros de homes e mulleres, enrolados en algunha da morea de ONGs que hai no mundo e que seguen a ser necesarias e imp0rscindibles ante a apatía, inercia e mesmo pasividade dos que deberían dar exemplo indo dediante: os políticos e gobernantes dos países do Primeiro Mundo.
 
Mans Unidas naceu hai 50 anos a petición da FAO que non vía e dava atopado o xeito de amañar os graves problemas da fame, sobre todo no terreo da agricutura, na maioría dos países pobre, que, coma sempre, enchen o chamado Terceiro Mundo. Os resultados da ONG Mans Unidas, foi apabullante. Semella milagroso. A xestión impecable. O 96% dos donativos e ingresos recaen directamente nas persoas e proxectos. Só o 6% para a xestión. Moito teñen que adeprender de Mans Unidas os centos de asociacións e mesmo fundacións que abondan, tanto privadas como estatais, que abndan no noso País!  
 
Vaia a nosa felicitación para o xeneroso, humilde e entregado voluntariado que, desde case todas as dioceses da Igrexa católica, están a intentar transformar esta egoísta e atrofiada sociedade. O único camiño válido para salvármonos todos, ten de chegar por aquí, polo único camiño que éposible. pola solidariedade. Polo amor! Así o comprenden tamén os deportistas de elite que están a colaborar na “Campaña do Milenio” para, entre todos, sermos quen de erradicar a escandalosa e ecitable fame que aínda reina neste noso mundo. Fan falla moitas máis mans solidarias.As mans de todos e de todas. Tamén as súas e as nosas. Cuestión de sensibilidade. E de xustiza e... dignidade!.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES