Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nova asociación en Maceda

lunes, 20 de septiembre de 2010
Infórmame un amigo do inmi-nente nacemento dunha nova asociación cultural na provincia, que seica vai levar o nome de “Asociación de amigos do Castelo de Maceda”.

Logo, achégame algúns dos pormenores que serven de alicerce para este alumeamento asociativo, así como o nome e apelidos de quen se atopa ó pé do cabezallo do proxecto e saúdo feliz a iniciativa, non xa porque os que anden a turrar por el sexan -coma Paco Novoa- amigos, canto polos proxectos que pretenden levar a cabo e que casan con algunhas teimas que eu levo defendendo nesta columna dende hai moito tempo.

Dime o amigo que me informa, que entre outras iniciativas de carácter máis local que procuran axudar a recolocar a Maceda no mapa cultural da provincia, queren tomar como referencia a figura do arquitecto vigués, Manuel Gómez Román (terei que preguntar se se portén cos Román de Celanova, entre os que se atopaba o cineasta Antonio) para crear un premio destinado a recoñecer as mellores obras de restauración de vivendas rurais, así coma outros traballos de conservación de arquitectura popular, que se leven a cabo nesta Galicia tan precisada de tratamentos rexeneradores de autoestima constructiva.

Sen dúbida, os “Amigos do castelo de Maceda” porán a andar algo que outras comunidades autónomas -coma Asturias- levan décadas promovendo e que sigo se entender por qué a administración galega non ten creado aínda, como é iso de premiar intervencións -individuais ou colectivas- no medio rural.

Tamén me din que entre outros cargos institucionais, está previsto que asista o vicepresidente do Parlamento galego.

Pois ben, como sei que me le, aproveito este saúdo ós “Amigos do castelo de Maceda” para instalo a que tome como disculpa o nacemento desta asociación e da súa man promova unha iniciativa parlamentaria co fin de que a Xunta cree un premio á recuperación arquitectónica do medio rural que se podería chamar “Aldea do ano” ou como mellor estimen pertinente.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES