Nivel de estudios
Editorial - jueves, 23 de septiembre de 2010
A tendencia neste país é a de mandar os fillos á Universidade para que reciban a mellor das formacións e conseguir que se sitúen para o futuro nas mellores condicións nun mundo especialmente competitivo.
Pouco importa que ás veces os estudiantes non estean especialmente motivados pola carreira elexida, ou pola especialidade á que tiveron acceso. Enténdese que a formación univesitaria é unha excelente colocación nun punto de partida axeitado para a loita pola vida.
Nada que ver coa situación de hai tres ou catro décadas cando -dado o escaso porcentaxe de universitarios- un título era garantía de posto de traballo asegurado. Pero segue a ser un bo elemento para situarse axeitadamente.
Segundo un informe da OCDE, correspondente ó curso 2007-2008, a porcentaxe de mozos con estudos superiores en España é do 39%, mentras na Unión Europea é do 34%, e na OCDE do 35%. Pero mentras na OCDE só ocupan postos inferiores ó seu nivel de capacitación o 23% dos titulados universitarios, en España este nivel é do 44%.
Que esta situación de infraempleo pode provocar desánimo nalgún dos afectados, é lóxico. Pero é garantía de excelente formación para o desempeño de calquera posto de traballo, e mesmo os postos inferiores na Administración pública énchense de licenciados nas máis diversas materias que aspiran a un posto de traballo modesto pero vitalicio, o que neste tempo é algo moi a ter en conta.
Que o 39% dos mozos deste país sexan titulados universitarios é todo un síntoma de progreso e alto nivel. Buscar para todos eles axeitado nivel de emprego é tema ben diferente, e tarefa para os gobernantes durante os próximos anos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora