Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seguimos a ser diferentes

martes, 21 de septiembre de 2010
O da idade de xubilación é un valor entendido no que non vai haber demasiada oposición, especialmente tendo en conta que o goberno fia para largo un cambio na lexislación vixente, e este cambio farase dun xeito gradual, polo que a superación da idade dos 65 anos para xubilarse, camiño dos setenta, vaise facer dun xeito case impercentible, tendo en conta por parte dos traballadores que o sistema precisa ese marxe e as persoas de 65 anos na actualidade son relativamente moito “máis novas” que as da mesma idade de hai corenta anos.

Sendo esta unha verdade absoluta, referida a un país e a un tempo, non o é cando os temas poden compararse e convertilos en relativos, de xeito que se aprecian diferencias coas doutros paises que convirten o feito diferencial en agravio comparativo.

Aquí estamos razonando, que aínda non discutindo, a conveniencia de pasar dos 65 ós 70 anos a idade de xubilación forzosa dun traballador, coas matizacións que se estimen convenientes en canto a traballos, persoas ou singularidades. Pero en Francia están cos mesmos razoamentos, manexando cifras ben diferentes.

Resulta que hai poucos días organizáronse en todo o veciño país unha serie de manifestación multitudinarias en contra do proxecto do goberno de pasar dos 60 anos de xubilación, establecidos na actualidade, ós 62, ampliación que os traballadores estiman ofensiva mentras o goberno francés opina que a xubilación ós 62 anos é unha ”opción razoable”.

Algo falla no noso sistema cando hai tal diferencia entre as súas cifras e as nosas, cando alí 62 anos é unha idade xeitosa para o goberno, mentras o noso goberno eleva a cifra a 70.

Seguimos a ser diferentes ó resto dos europeos, arrastrando vellos problemas que nin a moeda única nin as políticas en común dan solucionado. Pero este problema-diferencia é demasiado ostensible, aínda que teñamos que enterarnos desa ofensiva diferencia a través das crónicas que chegan de lonxe sen que os nosos políticos a utilicen como argumento, e nin siquera a mencionen.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania