Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Peso dos Mortos

jueves, 22 de abril de 2004
Os galegos temos unha relación especial cos mortos, porque seguen a formar parte da nosa familia; da nosa comunidade.

Por eso nos horroriza de xeito especial o acontecido hai uns días nun cemiterio madrileño cun cadaver dun Geo morto en acto de servicio.

Por eso nos repugna esa decisión norteamericana de que non se publiquen fotos dos cadaleitos dos mortos na guerra de Irak. E coidamos que a vulneración, por parte dun xornal, desa nova “Lei seca” é moi saludable para a opinión pública daquel País.

¡Qué pena que un país tan grande teña tan cortas miras en determinados asuntos!

Se lles pesa un desnudo na alma, ¿Cómo non lles van pesar os mortos que a cotío sofren nun mundo que nunca chegarán a coñecer?

Os mortos pesan, porque son parte de nós; seguen a ser parte de nós.

Os mortos pesan, incluso ós norteamericanos. Incluso os mortos norteamericanos pesan sobre nós.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES