Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deus preocupa

lunes, 20 de septiembre de 2010
Entendiamos que o concepto de Deus era universal e todos, dalgún xeito, crian -criamos- nun ser superior, por riba de todos nós, tolerante ou absolutista, ecuménico, indiscutible, como un poder fáctico indubitable, ó que podiamos ignorar pero non esquecer, e mesmo pasar totalmente. Podíamos, incluso, burlarnos del, agás os musulmáns. Ninguén o negaba abertamente, por si acaso, pero o tema non preocupaba demasiado.

Nesto, que a Hawking, tan dado a sobresaltarnos cos seus pensamentos e investigacións sobre a orixe e porvir do Universo, dalle por meterse en fariña e conclúe que Deus non foi necesario para poñer en marcha o universo.

Consciente da importancia dun escándalo previo para facer publicidade dun novo libro, na presentación do seu “O gran deseño” encargouse de desatar unha verdadeira tormenta informativa cuestionando a mesma existencia do ser supremo, volvendo atrás en anteriores posturas, axustándose con exactitude ás leis científicas, e eliminando o concepto dun ser supremo que estima innecesario.

A pesar de que coidabamos que era un tema que nestes momentos non merecería un debate, por subxectivo e etéreo, non deixou impávido a ninguén, comezando polo arcebispo de Canterbury que aboga por un axente intelixente e vivo que inflúe en todo o que existe, pasando por Andrés Torres Queiruga, que coida unha extralimitación filosófica penosa a expresión do ilustre científico, ata chegar ó Arcebispo de Oviedo, que opina que Deus existe e senon, “que veña Deus e o vexa”.

Cos problemas humanos que a sociedade ten neste momento difícil parece inútil e superfluo provocar disensións en torno á primeira cuestión básica da nosa existencia. No momento en que os problemas físicos e materiais non permiten filosofar sobre temas existenciais que se non están superados non terán máis solución que a propia que cada un lle asigne; Deus será un problema persoal, xa que colectivamente témolo solucionado hai moito tempo, pertencendo a unha -sexa cal fose- das grandes relixións que no mundo son, aínda que sexa de xeito testemuñal, crentes pero non practicantes.

Desto temos que sacar cumprida lección. Aínda que consideremos ter superada e asumida a existencia e o concepto de Deus. Quizais non interese moito o tema nas discusións diaria, pero a súa asunción é consustancial coa nosa existencia, aínda que sexa para negalo tres ou máis veces, como Pedro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania