Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fotografías do século pasado

miércoles, 15 de septiembre de 2010
Cando eu era pequeno, tiña dúas querencias especiais que co tempo fun cumprindo de xeito ben satisfactorio. Despertaban o meu interese dunha banda o fenómeno da radio, e por outra parte, a fotografía.

Polo que á radio se refire, ó longo da vida dediqueille unha atención especial e aínda sigo prestándolla, tendo neste medio de comunicación innumerables satisfaccións profesionais e persoais. Pero o tema da fotografía podía tamén moito na miña imaxinación e foi o primeiro en realizarse, xa que aínda en Vilalba miña nai autorizoume a mercar unha Voigtlander Vitoret, a miña primeira cámara, e dei en sacar instantáneas que daquela me pareceron maravillosas, que teño que buscar no meu anárquico arquivo, porque lle prometín mandarllas a Xosé Luis Novo Cazón, para que o Instituto de Estudos Chairegos poida incorporalas ós seus fondos fotográficos.

Porque o Instituto está a efectuar un magnífico labor de recuperación de vellas imaxes vilalbesas, e na quinta edición que aínda está aberta no Auditorio Carmen Estévez ten expostas 230 instantáneas do pasado século, onde aparecen centos de vilalbeses, moitos xa fóra deste mundo.

Fun ver a exposición o día trinta, despois do pregón das festas, pensando dedicarlle dez minutos, pero ó final botei máis dunha hora xa que na visita acompañoume Bernardo García Cendán, e logo incorporáronsenos Felpeto, Manolo Roca e Arturo, de xeito que a visita foi unha sesión de contacto con numerosas persoas nas que facía décadas non pensara. Mesmo tiven oportunidade de facilitar á organización o nome dunha vilalbesa que aparecía nunha foto infantil -Isabel Cabana- que por ter sido compañeira de estudios eu identifiquei. Precisamente estaba visitando a exposición sen terse ela mesma identificada na foto que me trasladou medio século atrás.

Do da Radio xa dixen que estaba plenamente realizado pola miña vida radiofónica e a evidencia de que, por riba de de todo, son un home da radio, e ata conseguín ter o que se chamaba nos meus tempos “voz radiofónica”, que daquela era algo que se valoraba.
Pois da fotografía tampouco poido queixarme a pesar de facer cada día menos fotos, xa que hai algo máis de vinte anos que son presidente do Grupo Fonmiñá, de fotografía e cinematografía, que desde hai trinta e dous anos organiza anualmente a Semana de Cine de Lugo.

Resulta moi satisfactorio eso de cumprir vellas ilusións. Pero para completar unha delas, a da fotografía, teño que recuperar aquelas fotos xuvenís, vellas imaxes vilalbesas que por algún lado teñen que andar, e que con case medio século de distancia seguro que son xa historia, pequena historia, pero historia ó fin.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania