Casanova en Bonxe
X.X. - miércoles, 21 de abril de 2004
Casanova, Alcalde de A Pobra de Brollón, ven de ingresar na prisión provincial de Bonxe, en virtude da condena do Tribunal Supremo a catro anos e seis meses por malversación de fondos públicos, se ben ten pendiente a resolución dun recurso de amparo e outro de indulto.
Arias, o seu antecesor no cargo, ingresará de inmediato polo mesmo motivo.
Casanova non deixa de proclamá-la súa inocencia, na que cren alomenos dez mil persoas veciñas do Brollón e da comarca, que se teñen manifestado no seu favor, formado unha plataforma cívica e suscrito unha multitudinaria petición de indulto.
Algo non encaixa no puzle: Alcalde condenado por malversación e veciños que o defenden, cando no caso de malversar- os veciños deberían ser os primeiros acusadores.
O que é seguro é que os dez mil brollonianos os naturais e os achegados- non van quedar calados tra-la prisión do seu Alcalde. Sen que cheguen, claro está, ós feitos da máis importante heroína que deu aquelas terras, a singular María Castaña.
X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora