Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Olgas

martes, 14 de septiembre de 2010
Desde que hai un par de meses se inaugurou o Centro de Información da Mariña (CENIMA), situado na focega rúa da Riveira, un fermoso edificio irracionalmente ubicado pois racha violentamente co entorno urbanístico tradicional do típico barrio mariñeiro, ven sendo marco de interesantes exposicións artísticas das que disfrutamos xa ó longo do verán, de algunha das cales nos temos ocupado neste mesmo espacio.

O pasado sábado tivemos a oportunidade de asistir á inauguración dunha destas mostras que nos chamou poderosamente a atención; daí que o primeiro adxetivo que se nos ocorre para definila é o de sorprendente.
Das paredes do lugar penduran catorce cadros de amplas dimensións e a colección leva o título xenérico de “olgas”, porque de eso se trata: a técnica utilizada polo creador consiste en fotografiar olgas que contempla na beiramar, e as imprime sobre lenzo, para aplicar ás mesmas o seu dominio da pintura, inspirado pola imaxinación e a estética persoal, e realizado dende os coñecementos da persoa que ten, como vocación e como oficio, o mundo das artes plásticas pois o autor, Alberto Pena, nado na beiramar focega, a cuio fogar chegaba o recendo das olgas tan próximas, é profesor de arte nun instituto da península do Morrazo; pero as olgas que Alberto amosa, tan sorprendentes e tan atractivas, son do mar de Foz; é no noso entorno onde se utiliza o termo “olga”, e non “alga”, que parece ser o correcto en galego e en castelán.

Sen embargo un nuca ten escoitado ós nosos labregos -nos tempos en que ésta se extraía para abonar os campos- “ir ás algas”, senon “ir á olga”.
O coñecemento biolóxico da materia a utilizar é importante para acadar a obra que o executor se propón, porque as algas, ou olgas, son capaces de realizar a fontosíntese e en función do pigmento que emplean adquiren distintos cores: verde, pardo ou bermello.É evidente que as posibilidades que a natureza ofrece á creatividade artística son infindas: agradecemos a Alberto Pena que nos trouxese tal mensaxe a través de traballo tan singular como sorprendente, ó menos para nós, e de tanta beleza.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES