Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Primeiro, en galego

viernes, 17 de septiembre de 2010
Aínda hai camiño que andar nas Administracións públicas galegas en canto á utilización do idioma. Como queda camiño por recorrer na súa democratización e trato ó público.

Moito se ten andado nas últimas décadas, xa que as actuais administracións non teñen nada que ver con aquelas autoritarias da primeira metade do século XX e aínda anos despois, onde o administrado era tratado con superioridade manifesta polos que teóricamente eran os seus servidores públicos, e ai daquel que ousara utilizar o idioma galego, ou “extralimitarse” nas súas peticións.

As oficinas públicas humanizáronse, e hoxe todos os funcionarios son conscientes dos dereitos dos administrados, e estes reciben un trato xeralmente correcto e amable.

No do idioma, aínda queda un treito por andar, se ben o galego entrou pola porta grande nas administracións, e ninguén vai ser peor tratado por expresarse no noso idioma, o que non quere dicir que sempre vai ser atendido no mesmo código lingüístico.

Proba de que algo aínda queda por completar é o acordo que veñen de pactar no Parlamento de Galicia os tres grupos políticos representados na Cámara encol do idioma galego na Administración. Segundo este acordo, os funcionarios deberán dirixirse en primeiro lugar en galego ós administrados, saudándoos e preguntando polo asunto que os leva a cada oficina. Esto é: o galego vai ser a “lingua de contacto inicial” na Xunta de Galicia entre os funcionarios e os administrados. E despois, que sexa o administrado o que fixe a lingua a utilizar.

Este primeiro paso ten que ter logo a súa continuación nos concellos, na administración central ou institucional do territorio galego, especialmente nas oficinas descentralizadas no rural onde os galego falantes teñen que sentir que están na “súa casa”, onde teñen todo o dereito a estar cómodos e falar como lles peta.

Pensábamos que xa non era preciso un acordo así. Pero se os pais e nais da autonomía o estiman conveniente, sexa así, e poñamos en marcha ese acordo de mínimos que o noso idioma merece, e ó que todos os galegos temos dereito.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania