Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Canto debemos?

jueves, 16 de septiembre de 2010
Cada un de nós ten moi clara a súa situación económica, e sabe á perfección o importe das súas débedas con particulares ou administracións, e especialmente con entidades bancarias e de aforro, se ben estas son as que mellor coñecen a súa situación e avatares.

Esto, polo que se refire ás débedas persoais ou familiares, pero hai outras débedas nas que todos estamos implicados, que son as das administracións públicas dnas que solidariamente respondemos como colectividade, senón aportando individualmente a parte alícuota que nos correspondería, si sufrindo unha determinada presión que, como mínimo, se reflectirá en menores servizos a percibir polos particulares.

Cada cidadán galego, pois, ademáis das súas débedas responde solidariamente do que adebedan os repectivos concellos, entendendo que esas débedas se establecen polos servizos que estes organismos prestan, aínda que existan diferencias abismais entre uns e outros, sendo os habitantes dos respectivos concellos os que teñen que xulgar se a carga colectiva que sofren é axeitada ou non.

Cada vigués adebeda 126€, por deber o seu concello ese importe multiplicado polo número de habitantes. Cada pontevedrés responde moralmente do pago de 278€; 309€ adebeda cara coruñés e 350 os ferroláns. Os lucenses chegan a 415€ cada habitante, os ourensáns suben a 420 cada ourensán, sendo os santiagueses con 699€ cada un os que figuran nun discutible primeiro lugar. Se ben, xa decimos, hai endebedamentos que resultan tremendamente rendibles polo resultado que os cidadáns obteñen del.

Ninguén vai ir polos domicilios das cidades indicadas para reclamar a cada residente a parte que lle corresponde polas débedas colectivas a través do seu concello. E ninguén vai impedir tampouco –o goberno rectificou tamén neste tema- que os concellos sigan a endebedarse, que a súa situación tampouco é tan mala.

E mencionamos tan só as débedas dos concellos, pero quizais nunca chegaremos a saber o que debemos en total, se a esto se xunta o desfase existente nas Deputacións, nos gobernos autonómicos e no goberno do Estado. Eso, xa son números maiores.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES