Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Primarias

martes, 14 de septiembre de 2010
Está de moda o concepto, pero aínda resulta novedoso. En países da nosa área social son un instrumento perfecto para clarificar situacións políticas, eliminando os candidatos peor situados e centrando a atención dos electores sobre os que teñen máis posibilidades de acceder a tarefas de goberno.

Nos partidos conservadores, non existe esta figura, entendéndose que o acceso á carreira política ten que estar auspiciada ou alomenos pemitida polo aparato do partido. Non pretenden ter democracia interna, entendéndose que o mellor para o país é tamén o mellor para o partido; e o mellor para o partido é non ter disidencias internas e camiñar todos xuntos polso mesmos vieiros hacia o ceo político, que é gobernar.

Pero nos partidos de esquerda, tamén chamados progresistas, a teoría supón que os candidatos son elixidos en asamblea, por maioría de afiliados, de xeito que responden exactamente ás forzas ou tendencias existentes.

Pero no PSOE unhas primarias en Madrid destrozan esa imaxe de democracia interna, orixinando dano importante ás altas esferas do partido, pola demostración palpable de que a teoría non coincide coa práctica. En Vigo, o trámite da sucesión solucionouse pola vía de urxencia cunha impensada reunión de militantes. E en Pontevedra, a ata agora cabeza visible do PSOE municipal, Teresa Casal, retirase da loita política para non ser mazá da discordia diante dos manexos dos seus superiores políticos que tantean diferentes opcións.

Que están ben as primarias cando a elección está entre dous candidatos de iguais tendencias, pero cando un candidato quere facer vida (política) propia, xa non é o mesmo. E o aparato do partido loitará para impedirllo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania