Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pola beira do río

lunes, 13 de septiembre de 2010
Nos sesenta e setenta tivo gran sona entre nós e en toda España a canción O TREN, cantada mal que ben por Andrés Do Barro, discípulo musical de Juan Pardo.

Do Barro, co impulso do seu padrino artístico, nun tempo no que a canción galega loitaba por sair da escuridade, con entusiasmo e tesón conseguíu convencernos de que a súa música era perfecta e todos quedamos conquistados polo tren que nos levaba pola beira do río.

Catro décadas despois, o soño de Dobarro ven de cumprirse por iniciativa das Deputacións provinciais de Lugo e Ourense, e os concellos de Ourense e Monforte, que durante este verán organizaron o tren Galaixo Expreso Ribeira Sacra recorrendo cada fin de semana o traxecto Ourense-Os Peares-Monforte, para promocionar o turismo nesta terra sagrada que hai séculos foi refuxio terreo para os que querían abstraerse dos temas mundanos e achegarse a Deus desde as profundidades montesías e ribeiráns ás que levaron o viño e o progreso, onde construíron mosteiros, igrexas e celas solitarias e crearon un especial ambiente con conexión directa coa eternidade.

Este tren que nos leva pola beira do río, pola Ribeira Sacra, é unha fermosa iniciativa que sen dúbida ten que ter continuidade noutros tempos, polos mesmos lugares, como iniciativa turística, de promoción da Galicia interior, de impulsión dunha zona que merece o mellor dos futuros.

Non é que Andrés do Barro gañe batallas despois de morto. Pero os rectores dos organismos implicados nesta iniciativa teñen demostrado inxenio e oportunidade, e a canción de Do Barro segue a estar vixente como himno turístico e vital.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES