Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caixanova, empresa de espectáculos

martes, 20 de abril de 2004
Caixanova ven organizando unha serie de espectáculos por toda Galicia, que demostran unha preocupación polo feito cultural, e porque o noso País siga de cerca a actualidade artística.

Con eles pretende, con toda lóxica, resultados publicitarios derivados da relación entre espectadores e Caixa, vendendo nas súas dependencias as entradas, fomentando aínda que sexa de xeito sicolóxico a presencia de Caixanova nas capitais galegas.

Se hai algo que obxectar á operación é o precio. Por exemplo, nas obras teatrais, comezou sendo de 9 euros, pasou a 12 e a última a 18. Esto, tendo en conta que –alomenos en algún caso- a entidade colaboradora cede as instalacións co que o custe repercutible é o caché da compañía e a publicidade.

Con eses precios, a entidade promotora parece unha empresa de espectáculos máis que unha entidade promotora de cultura, á que se supón destina boa parte dos seus recursos.

Polo demáis, parabéns para esta entidade por proporcionarnos espectáculos xeitosos con periodicidade, nun labor do que poderían aprender outros moitos organismos oficiais ou institucionais.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES