Algo falla, evidentemente
Piñeiro, Antonio - viernes, 10 de septiembre de 2010
Escribo isto, ó fío das últimas novas aparecidas nos medios de comunicación, esta fin de semana, respecto das dimisións dos alcaldes (un de cada formación política) de San Xoán de Río e de Manzaneda, que se veñen a sumar xa fóra da provincia- á pota a presión na que se transformou estas sema-nas Silleda e a tódolos demais caldos que se están cociñando para os próximos meses e que nestes intres se me escapan das mans por non estar eu ó tanto do día a día da vida municipal ou-rensá ou galega.
Non fai falla, sen embargo, mergullarse na vida cotiá de cada un dos municipios onde teñen aflorado ultimamente problemas de convivencia política e ó seu rebufo dimisións e mocións de censura, para decatármonos de que algo falla, xa sexa na lexislación electoral, xa nos acordos marcos dos partidos políticos (se é que algu-nha vez os houbo).
E algo falla, ó meu humilde entender porque dificilmente se pode firmar un pacto marco nun despacho calquera de Compos-tela no que se ordene que dúas persoas dun concello de mil ou dous mil habitantes (onde as afinidades e as xenreiras non adoitan responder a criterios políticos) teñan que gobernar xuntas durante o longo período de catro anos, facendo un deles de alcalde ou alcaldesa e o outro de tenente de alcalde, cando nalgúns casos a relación persoal que manteñen é moito máis distante da que poden manter con aqueloutro ó que ese acordo marco condenou a ser oposición malia que só lle faltara unha presa de votos (nalgún caso, un só) para que lle saíran as contas.
As fórmulas alternativas para evitaren estas disfuncións lexislativas existen e os que mellor as coñecen son loxica-mente os propios partidos, que as teñen moi ben estudadas. Outra cousa é que as queiran aplicar.
Unha delas está perfectamente recollida na lexislación electoral portuguesa, onde nantronte mesmo celebraron eleccións e onde son os electores, e non os concelleiros, os que deciden quen debe ser o seu alcalde para todo o mandato municipal.

Piñeiro, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora