Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gonzalo Jar

jueves, 09 de septiembre de 2010
Gonzalo Jar Pode un xeneral da Garda Civil ser galeguista? Para a Irmandade Xurídica Galega non hai dúbidas. Que así sexa depende da amplitude de miras que teñamos para fomentar o uso da lingua galega fóra das fronteiras da literatura e da poesía. A supervivencia do noso idioma está noutros espazos sociais tradicionalmente non cultivados. O discurso galeguizador ten que ter maior lonxitude de onda, superando complexos ideolóxicos e perniciosos patrimonialismos.

Gonzalo Jar Couselo, que amais de xeneral da Garda Civil foi profesor universitario de socioloxía e especialista en Dereito Internacional Comunitario, representa con nidieza ese tipo de personalidades que o discurso normalizador precisa incorporar á tarefa inaprazable e contra reloxio, de prestixiar a lingua galega e normalizala en ámbitos tan decisivos como son as Forzas e Corpos de Seguridade, garantes do exercicio das liberdades. Mágoa que a súa natureza se apagase para sempre moi cedo, privándonos dun valedor de luxo para esta tarefa inaprazable de Galeguizar Galicia.

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, sempre innovadora na estratexia da normalización lingüística, promoveu unha campaña, sen precedentes na historia do galeguismo, para fomentar o uso da lingua galega nas policías, que ten no libro “En galego, con toda seguridade” a filosofía que a animaba e a a opinión de varias ducias de policias e gardas civís favorable ao uso da lingua galega nas relacións cos cidadáns. Nel participou tamén Gonzalo Jar Couselo, coñecedor da historia da Garda Civil e o papel desempeñado por este corpo na historia da lingua galega na desgaleguización da nosa toponimia cando se elaborou o primeiro nomenclátor. Gonzalo era coñecedor desa desafortunadísima participación dos gardas civís naquela tarefa.

Dicir que a meirande parte dos membros da Garda Civil sempre foron galegofalantes non é aportar nada novo á socioloxía deses funcionarios policiais. Gonzalo Jar confirmábao: “As relacións entre os membros das escalas básicas teñen como lingua principal de traballo o galego, pero tamén é certo que cando se dirixen aos xefes, xa sexan nativos de Galicia ou do resto de España, mudan de inmediato de lingua para pasar ao castelán, mostrando desa maneira un desaxuste non só no eido comunicativo, senón mesmo no sicolóxico”. Deste asunto temos falado nas nosas conversas Gonzalo e máis eu. E sempre chegabamos á mesma conclusión: a política lingüística, en Galicia, debe facerse da man da neurolingüística. Porque hai algo que aferrolla a espontaneidade dos galegos, un mecanismo autonegador da súa personalidade. Gonzalo Jar principiaba a traballar connosco no desenvolvemento dun programa que sentara as bases para que os gardas civís aceptasen o feito diferencial galego como algo inherente aos dereitos fundamentais das persoas e non como unha graciosa concesión. Mágoa que a súa aspiración de ser director da academia da Garda Civil non se realizase. Alí onde había que facer ese labor. Impedíronllo. ¡Que erro, que inmenso erro!

A Irmandade Xurídica Galega celebra este próximo sábado unha homenaxe ao xeneral, profesor universitario especialista en Dereito Internacional Humanitario, que intervíu como comisionado en moitas misións de pacificación. Na confluencia da Avda. de Compostela e rúa Alexandre Bóveda, en Pontevedra, descubrirase un busto del, celebrándose a cotinuación unha sesión académica no Pazo da Cultura ao que acudirán representantes de altas instancias do Estado e doutras administracións públicas. O acto terá unha parte emotiva protagonizada polos seus veciños do Lérez onde era moi respetado e querido.

*Secretario da Irmandade Xurídica Galega.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES