Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Como na casa en ningunha parte!

jueves, 09 de septiembre de 2010
b>
A escola da vida: Como na casa en ningunha parte!

Hai xa uns anos, nun dos cursos de doutoramento que fixen como alumno de terceiro ciclo da Universidade de Santiago, tiven a fortuna de ter como profesor un docente dunha universidade norteamericana. Este profesor púxonos un pouco en situación de como era o ensino universitario nos Estados Unidos. Comentounos, por exemplo, que os profesores en vacacións deixaban de percibir o seu salario polo que tiñan que buscar as fabas dando clases ou conferencias noutros lugares para poder seguir pagando as súas hipotecas, coches e gastos varios como calquera cidadán. Pero o que máis me chamou a atención foi que nos comentou que a media de idade dos estudantes universitarios norteamericanos era de 26 anos. Unha idade tan elevada sorprendeume moito, polo que lle fixen unha pregunta con dúas opcións de resposta. Díxenlle, ou os rapaces americanos son máis torpes cós españois ou os americanos teñen unha formación moito máis longa ca aquí. A súa resposta non foi por eses derroteiros. Explicounos que en Estados Unidos, os rapaces e as rapazas, normalmente, deixan de estudar cando rematan o instituto para poñerse a traballar e independizarse, isto é, en torno aos 16 ou 17 anos.

Unha vez que conseguiron certa independencia e dispoñen dalgún diñeiro aforrado, matricúlanse na universidade para realizar a súa formación compatibilizándoa, case sempre, cun traballo. De aí que moitos mozos universitarios non finalicen ata preto da trintena as súas carreiras.

Esta anécdota vén a conto pola noticia aparecida nos medios esta semana sobre que o 75% dos nosos mozos de entre 19 e 29 anos se atopan convivindo cos seus pais, é dicir, non son independentes. As escusas, ui, perdón!, quixen dicir as razóns, son varias. Por un lado, está que é moi complicado encontrar traballo, que os alugueiros son altos, que a vida é cara, e un longo etc. de razóns que non me caben neste pequeno espazo. Pero os franceses, os ingleses, os alemáns ou os australianos tamén se independizan moito antes que os españois, logo algo pasa cos españois que non os alenta a poñer o nariz fóra e buscar o seu propio modo de vida e o seu sustento. Quizais sexa que están moi empadroados (ou debería dicir "enmadrados"?) na casa dos pais, porque como na casa (dos pais) en ningunha parte!
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES