Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Botando contas

jueves, 09 de septiembre de 2010
O Parlamento é o lugar onde se pode falar con enteira liberdade, e onde as autoridades teñen que dar conta da súa executoria. Así o ven de facer o o Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia, que diante do Parlamento fixo constar o desagrado do Consello polo comportamento dos concellos de Galicia en relación cos presupostos e, polo tanto, cos investimentos.

Considerar que no ano 2007 só arredor do 15 por cento dos concellos galegos aprobaron en tempo axeitado os seus presupostos é un triste balance no que se reflicte, segundo o Conselleiro Maior, unha mínima execución dos investimentos precisos, unha mínima efectividade da súa actuación.

E non se trata de que os concellos galegos rurais teñan maiores dificultades na elaboración e execución de presupostos, porque o Conselleiro arreciou de xeito especial nas súas críticas hacia os grandes concellos galegos que dan exemplo de incumprimento cando debería ser todo o contrario.

Normalmente, estas observacións tómanse a beneficio de inventario, pero o dito queda, e o Consello no seu papel debe ser escoitado. No caso de que haxa infraccións, serán denunciadas. Pero cando sexan incumprimentos carenciais coma este bastará a denuncia, ou debera bastar, para que a administración local tome boa nota, e a correspondente supervisión da administración autonómica proceda en consecuencia.

Está ben botar contas de cando en cando para comprobar o estado da situación. Especialmente se se obteñen resultados tan pobres.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES