Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sentencias salomónicas

miércoles, 08 de septiembre de 2010
Sempre son difíciles de contentar as partes nunha sentencia que se pretende ecuánime. Valla como exemplo a que se supón que iniciou esta mesma definición cando o Rei manda partir en dous un neno para supostamente contentar a dúas mulleres que pretendían a súa maternidade.

Camiño desa presunta perfección parece a sentencia que un xuiz ven de dictar en relación coa agresión dun pai ó seu fillo por incumprimento dos seus deberes de estudiante.

Se a sentencia parece dura xa que o pai debe asistir a un curso sobre educación de adolescentes e pasará tres meses en prisión por un delito de lesións, moito máis o sería se o xuiz tivera prestado conformidade á petición do fiscal de prohibirlle ó pai vivir no domicilio familiar e contacto co rapaz durante ano e medio.

Hai unhas normas que o Xuiz ten que cumprir á hora de dictar sentencia, que se aplican cando hai unha denuncia, aínda que como esta non se presente a instancia de parte senón por terceiros que tiveron coñecemento do caso. Unha vez posto en marcha o proceso, o difícil é atoparlle unha solución salomónica, porque é difícil -case imposible- contentar a todos.

Neste caso, un problema que parece ter sido magnificado parece rematar relativamente ben. Se vale como exemplo para evitar problemas futuros, deámolo por bo. Que nin os tempos son os de antes nos que as medidas violentas eran instrumento educativo proclamado e aceptado por todos, nin calquera problema de relación que xurda debe cobrar dimensións de traxedia, con perxuizo para todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES